Consello sectorial de Muller

 

Por non haber, en realidade non hai nen programación do concello para divulgar e reivindicar os dereitos das mulleres e a loita por unha igualdade real e efectiva. Atopámonos nunha situación inaceptable, onde nen hai concellería de muller, nen políticas de igualdade, somentes un baleiro que se infla con ideas retrogradas sobre nós  que verte a Xunta de Galicia (malchamada lei de apoio á familia) ou o ministro de xustiza (contrarreforma da lei sobre o dereito a interrupción voluntaria do embarazo), ou o ministro de educación eliminando a asignatura Educación para a Cidadanía, que garantía unha mínima presenza da Educación para a Igualdade no curriculum escolar. Ademais a isto hai que engadir os recortes que en servizos públicos como educación, sanidade, servizos sociais, esta aplicando o goberno do PP, que produce un efecto perverso na vida das mulleres que chegaron a esta crise en situación de desventaxa provocada pola súa histórica discriminación.

 

Nesta situación “convócase  un Consello sectorial de Muller baleiro de contidos e orfo de iniciativas, porque non se traballa de xeito participado cos colectivos de mulleres  e non se defenden os dereitos de igualdade das mulleres” denuncia Sari Alabau. Tan é así que a declaración institucional do concello non se fai contando coas entidades representadas no Consello, se acorda polo Goberno nunha declaración institucional que EU non pode compartir, por dous motivos básicos: faise de costas  as organizacións de mulleres e feministas e se fai ignorando a xeira de ataques que estamos a sufrir as mulleres polos gobernos do PP, en concreto logo de impoñer manu mercatoria  un golpe de Estado laboral que nos deixa inermes e sen dereitos en canto traballadoras e que entre outras supón: máis atrancos para acceder ao permiso de lactación e para conquerir a redución da xornada por coidado do menor ou familiar ao cargo.

 

O Goberno Municipal ignora o pronunciamento unitario que elabora a Marcha Mundial das Mulleres de Galicia e non se suma as mobilizacións convocadas por este organismo unitario nun exercicio de ignorancia e desconsideración que delata a falla de interese por impulsar e coparticipar nunha loita que é tarefa de todas as mulleres e que as institucións deberían apoiar.

 

Esquerda Unida avogará no seo do Consello sectorial por rematar co actual estado de cousas. Fará un chamamento a que os colectivos de mulleres asuman a dirección efectiva das políticas de igualdade e lle marquen a un Goberno incapaz a definición dos obxectivos e programacións a desenvolver ao longo do ano, dentro do marco xeral do II Plan de Igualdade. Pola contra sufrimos unha sistemática de retrocesos efectivos (desaparición do Servizo Galego da Igualdade, e  perda de perfil político deste departamento no concello, subsumido no xogo clientelar de benestar), recortes en dereitos e nos programas concebidos para fomentar o empoderamento das mulleres e falla de aplicación efectiva dunha programación que satisfaga o conxunto de obxectivos, medidas e actuacións concretas definidos polo devandito Plan.

Relacionados