A campaña consistirá na colocación de tarxetas vermellas durante todo este fin de semana no mobiliario urbano que se encontra nun estado de abandono total.
O obxectivo da campaña é que o goberno local inicie as obras de reposición e de amaño do mobiliario urbano que se atopa nesas condicións para que Mugardos poida ofrecer mellores servizos á cidadanía e unha imaxe para o turista que non sexa de abandono total.
Entre outros elementos do mobiliario urbano, as tarxetas serán visibles: nas fontes da Avda. do Mar (sen grifos e oxidadas), nas papeleiras do acceso á Bestarruza (fallan barrotes), nos bancos do Ratón (sen pintar), as vallas de protección dos colexios Unión Mugardes e Santiago Apostol de Franza ou a Farola do parque de San Vitorio, entre outros lugares.