Conservas CUCA

AGE esixe que a conselleira do Mar obrigue á Conservas Cuca a cumprir a legalidade e repoñer os postos de traballo na fábrica de Vilaxoán. O deputado, Juan Manuel Fajardo, salientou a falla de responsabilidade e sensibilidade amosada pola Xunta que unha vez máis defende os intereses da empresa e actúa contra as traballadoras as que a propia Xustiza acaba de dar a razón obrigando a empresa a repoñer os postos de traballo na fabrica de Vilaxoan baleirada grazas a actuación ordeada polo delegado do Goberno, Samuel Juárez, e pola que o grupo parlamentar de AGE esixe a súa dimisión

 

O deputado de AGE, Juan Manuel Fajardo, esixou a dimisión inmediata do delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, por amparar e actuar como cómplice de actividades ilegais como o saqueo que a empresa Conservas Cuca realizou na fábrica de Vilaxoán para o que o delegado do goberno ordeou unha desproporcionada operación contra as traballadoras que estaban acampadas as portas da fábrica co obxectivo de evitar o ilegal traslado da maquinaria e as que agora a xustiza da a razón.

Na sesión plenaria de hoxe o deputado de AGE denunciou así mesmo as sancións non xustificadas a manifestantes que trataron de impedir este saqueo e sen mais motivo que á represión civil impulsada polo delegado do goberno como é o caso da sanción recibida por parte do representante sindical de CCOO, Xan Caneda, ao que acusan de non se querer identificar cando en ningún momento se negou a facelo tal e como queda reflexado nunha fotografía amosada polo propio deputado Juan Manuel Fajardo no Parlamento (e que se adxunta a esta nota noutro arquivo adxunto).

O deputado de AGE, Juan Manuel Fajardo, esixíu así mesmo que a Conselleira de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana, que faga cumprir a legalidade e obrigue a empresa a cumplir a sentenza xudicial que a obriga á reposición das traballadoras no seu posto de traballo pero o posto de traballo grazas a intervención de Samuel Juarez non existe posto que a maquinaria foi trasladada ao Grove. Desde o grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda lamentan a falla de responsabilidade e sensibilidade do goberno galego que unha vez máis se pon do carón da empresa e actúa contra as traballadoras tendo que ser a propia xustiza a que saia en defensa delas e dos seus dereitos laborais.

Relacionados