Conservas Cuca

Nun escrito dirixido ao deputado, Juan Manuel Fajardo, a empresa asegura que se van manter todos os postos de traballo mentres que na realidade falan xa de redución de traballo na planta de O Grove co traslado da liña de produción de ensaladas.

Santiago de Compostela, 21 febreiro de 2013.- O grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda insta a Xunta de Galicia a denegar o permiso para o traslado da maquinaria que o grupo Conservas Garavilla ten na planta de Conservas Cuca en Vilaxoan xa que aseguran será o primeiro paso para permitir que a empresa leve a cabo unha redución de plantilla barata e rápida xa que moitas das traballadoras e dos traballadores desta planta non poderán asumir o traslado do seu posto de traballo ao Grove tal e como obriga a empresa.

O deputado, Juan Manuel Fajardo, denunciou a dobre cara da empresa xa que mentres a a el mesmo o conselleiro delegado do grupo Conservas Garavilla, a través dun escrito en resposta a unha carta enviada polo grupo de AGE no que se lle pedía entre outras cuestións que se garantan todos os postos de traballo da factoría de Vilaxoan, asegura que se manterán todos os postos de traballo, a realidade apunta a todo o contrario. Onte mesmo os sindicatos alertaban de que non existían garantía algunha e apuntaban que o traslado da liña de ensaladas no mes de maio suporá unha redución na carga de traballo e en consecuencia reducións na plantilla.

Desde Alternativa Galega de Esquerda lamentan a falta de respecto que amosa a plantilla polas traballadoras e traballadores a quen tratan de enganar vendendo o seu traslado como algo positivo e chegando incluso a dicir que van mellorar as súas condicións laborais pola aplicación dun plus de produtividade pero obviando os importantes gastos de traslado que o desprazamento diario ao que terán que facer fronte.

Por último, AGE volve a preguntar ao goberno galego para que diga cal vai a ser  súa postura no caso de que se leve a cabo o traslado da maquinaria o que provocará incidentes coas traballadoras que fan garda na entrada da factoría, explicando se vai estar o lado das traballadoras e traballadores ou vai apoiar á empresa como acostuman facer.

Relacionados