O debate contou con dúas relatoras: Camino Rodríguez e Celsa Perdiz. A primeira delas plantexou os problemas da muller arredor da publicidade, do mundo do traballo, da universidade e do ensino, os roles das adolescentes e as situacións de violencia. Por outra banda, a histórica militante feminista Celsa Perdiz fixo unha introducción da recentemente aprobada Lei do aborto, ao libre acceso aos anticoceptivos, aos Centros de planificación familiare e á obxección de conciencia dos profesionais da sanidade ante o aborto.
Despois dun amplo debate, acordouse dar por constituído o devandito Foro e convocar a todos os presentes para a seguinte xuntanza a celebrar no mes de decembro e cunha orde do día centrada nos seguintes temas:
– A Lei de familia, recentemente aprobada pola Xunta.
– A legalidade constitucional da obxección de conciencia nos centros de
saúde públicos.
– A potenciación dos centros de planificación familiar.
– O papel da muller na sociedade capitalista.
Máis alá do debate teórico, e intención do Foro emprender actividades na defensa dos dereitos das mulleres para rachar coa crecente desigualdade e violencia que sofre de xeito alarmante máis da metade da poboación.
Ourense, 27 de outubro de 2010