Este 21 de outubro tivo lugar a constitución da X Lexislatura no Parlamento de Galicia.
Tras meses de traballo, de esforzo e de ilusión, hoxe En Marea chega ao Parlamento con todas as ganas e responsabilidade para cumprir co noso compromiso de ser a alternativa ás políticas que tanto fixeron sufrir nos últimos anos.
Sabemos que non estamos soas neste camiño, que á voz dos nosos 14 deputados e deputadas se sumarán nos próximos 4 anos a de milleiros que teñen o mesmo obxectivo que nós: traballar por un país máis solidario, máis digno e máis xusto. Estaremos á altura nas institucións e tamén na rúa. Moito por facer para mellorar as cousas, imos!