Construcción dunha pasarela que atravese Alfonso Molina

 

 

Con todo, o Concello coruñés desenvolve a dita obriga de desigual maneira, semella que para o Goberno local existen barrios de primeira e de segunda categoría, como o demostra o feito que a veciñanza de Palavea e Pedralonga leve 12 anos esperando a que o concello atenda as súas demandas para a execución dunha actuación que resulta imprescindible para garantir a seguridade vial, ao tempo que melloraría substancialmente a capacidade de mobilidade dos peóns.

 

Para o Consello Comarcal de EU Coruña resulta evidente o perigo que supón cruzar dun lugar a outro da avenida de Alfonso Molina, por iso, Esquerda Unida apoia as demandas da veciñanza e esixe ao concello que constrúa unha pasarela peonil que una Pedralonga e Palavea a altura do centro comercial Alcampo. Unha esixencia que cobra máis forza toda vez que o Ministerio de Fomento non so ven de pronunciarse a favor da devandita medida solicitada pola veciñanza dando o seu visto e prace, senón que desenvolveu un proxecto para a súa construción que entregou ao propio Concello coruñés.

 

Esquerda Unida considera que o atraso na execución deste proxecto pon de manifesto a falta de preocupación do Concello para con os veciños de Pedralonga e Palavea. Así o Goberno municipal non se molesta en facer un pequeno investimento duns 150.000 € para dar resposta a unha demanda que se remonta ao ano 1998.


EU espera que o Concello da Coruña recapacite e cambie a súa actitude de abandono con esta zona que está a poñer en risco aos peóns, e solicita ao Goberno local coruñés que inclúa unha partida orzamentaria para acometer as obras no ano 2011.

Relacionados