Construción base de “drons” en Lugo

Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través do seu deputado Ramón Vázquez, levará ao pleno parlamentario que comeza mañá a denuncia da complicidade da Xunta coa Ministerio de Defensa para instalar no aeródromo de Rozas, en Lugo, unha base de avións non tripulados, os coñecidos drons. “Esiximos a inmediata paralización ads probas con drons que xa se están a producir”, afirma Vázquez, quen defenderá a proposición non de lei (pnl) anexa.

Alternativa Galega de Esquerda reclama saber que fins ten o Ministerio de Defensa para o aeródromo e cualifica de “extremadamente graves” as informacións que apuntan á posibilidade de que Rozas sexa unha das cinco bases de drons que a Otan prevé instalar en Europa. “Non queremos que o noso país se empregue para investigar nin para investir en tecnoloxía militar asasina”, engade o parlamentario de AGE, “e si queremos que o Goberno galego pida explicacións ao ministerio e a Rajoy”.

Ramón Vázquez conclúe con outra reivindicación: que a Xunta de Feijóo explique polo miúdo o convenio asinado co Instituto Nacional de Tecnoloxía Aeronáutica (Inta) sobre o mencionado aeródromo de Rozas.

Relacionados