Consulta vinculante

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes subscribe a visión da federación da asociacións de veciños da Coruña sobre o conflito de Gamonal: a administración debe escoitar á cidadanía antes de embarcarse en grandes proxectos. A acción cidadá no barrio de Gamonal e o cambio de postura do alcalde respecto ao bulevar e o aparcadoiro que rexeitan os veciños son, para a Federación de Asociacións de Veciños da Coruña e a súa Área Metropolitana, exemplos que debería ter en conta o goberno municipal.

Dende EU recordamos que a situación de Gamonal, cun goberno municipal realizando custosas e inoportunas obras, non dista moito da realidade da nosa cidade co millonario soterramento do tráfico da Mariña e Parrote.

Esquerda Unida propón consultas veciñais vinculantes para os proxectos municipais que superen os 100.000 €, dentro dun Plan de Participación cidadá para reforzar o poder dos veciños da Coruña. As consultas vinculantes abordarían cada obra ou proxecto de barrio para que se posicione a súa veciñanza, así como os proxectos proxectos que afectan ao conxunto da cidade, onde o conxunto de coruñeses e coruñesas poidamos decidir.

As consultas se plantexaran cun mínimo de 120 días e trasladarase á veciñanza a través do portal web do concello o anuncio do proxecto en cuestión, incluíndo características e  orzamento estimado. No mesmo apartado do portal web do concello aparecerán recollidas con claridade as emendas e contrapropuestas dos demais grupos políticos. A través do DNI electrónico e outros medios que acheguen a seguridade necesaria, realizarase a consulta vinculante dun modo claro e actuarase conforme á decisión de todos os coruñeses.

O voceiro de EU-V, César Santiso, sinalou  que “o vivido en Gamonal demostra o crítico da situación de moitas familias e debe concienciar ao goberno municipal de que a prioridade debe ser a política social antes que as grandes obras”.

Relacionados