Consultoria A Graña

 

O propio PP votou a favor da moción presentada polos grupos municipais da oposición a instancias da Plataforma en defensa da Sanidade Pública. Non semella ético votar a favor dunha demanda, que asemade conta cun grande apoio da veciñanza, para logo deixar morrer o acordo acadado no Pleno do concello de Ferrol.

 

Semella que este Goberno Municipal ten medo a reclamar aos seus correlixionarios na Xunta ou en Madrid o que en realidade son demandas xustas e necesarias da nosa cidadanía, sexa o dique, o saneamento ou o mantemento dos equipamentos en materia de sanidade.

 

O ataque frontal o carácter universal e gratuíto en materia de sanidade  que supón o RD-lei 16/ 2012 anima á area de sanidade e benestar social de EU para facer un chamamento a nosa cidadanía para que confronte nas rúas a vontade de facernos repagar un dereito constitucional, e para deter a espiral privatizadora na que se atopa mergullado Feijóo. Os recortes en materia sanitaria son ataques frontais contra os nosos dereitos, contra a nosa saúde, contra a nosa vida en última instancia. Imos seguir a traballar de xeito unitario para alimentar esa dinámica de mobilizacións que si pode derrotar o programa de recortes do PP.

 

Pedímoslle á veciñanza que este vindeiro día 24 de maio saia á rúa, ás 19:00 horas, diante do edificio administrativo da Xunta, na praza Amada García para defender un dereito básico que o PP quere converter nun negocio para uns poucos, o que compromete que todas e todos poidamos ter acceso universal aos recursos sanitarios públicos.

Relacionados