Consultorio de A Graña

 

Esquerda Unida quere denunciar a sistemática de ataques e recortes no eido da sanidade pública na nosa cidade e comarca, froito da axenda do PP de estrangular e privatizar o que constitúe un dereito recoñecido pola Constitución, o Estatuto e as leis de sanidade galega e estatal.

 

O Grupo Municipal reclamou hoxe unha convocatoria urxente da Xunta de Voceiros, como fixeron os  Grupos da oposición, para abordar a cuestión e tentar forzar un compromiso da alcaldía no sentido de manter aberto o consultorio. Esta vén de se fixar para o venres contra as 10 horas.

 

Esquerda Unida vai  apoiar as mobilizacións e iniciativas que se preparan ao longo desta semana para enfrontar este peche.

Relacionados