Consumos de cruceiristas na cidade

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os verdes denuncia que a desidia do goberno local está a provocar que a hostalaría e o pequeno comercio coruñés deixe de ingresar millóns de euros dos cruceiristas. O Goberno municipal está desperdiciando así unha magnífica oportunidade para reforzar o auxe de sectores como o hostaleiro, gastronómico ou do pequeno comercio, reactivando con esta iniciativa a economía local e xerando algo máis de emprego.

Para Esquerda Unida propón que o Concello desenvolva un plan de turismo para duplicar o consumo das persoas que nos visitan. Un plan que traballe na elaboración dunha serie de rutas turísticas que dean a coñecer os nosos tesouros e fomenten o consumo local entre os turistas.

Na actualidade o consumo medio por pasaxeiro rolda os de 55 euros, máis si se promovesen rutas turísticas guiadas onde se promova o consumo e se ligue a visita de zonas artísticas e culturais da cidade coas rúas centradas na hostalaría e o pequeno comercio, poderíase duplicar o consumo. Mais non so iso, senón que si se desenvolve unha boa xestión e coordinación turística, podería lograrse que A Coruña se focalizase como porto de inicio do embarque ou do desembarque de pasaxeiros. Con esta simple modificación, a cantidade de gasto debería, segundo os nosos cálculos, triplicarse, supoñendo coa mesma un incremento da estancia e do impacto económico.

Este plan debería contar cos distintos axentes turísticos, federacións de veciños, sindicatos e partidos políticos baixo a coordinación do consorcio de turismo para definir, anunciar e promover rutas con itinerarios dotados de ampla oferta comercial, hostaleira e gastronómica, antes de chegar aos puntos de interese turística, de tal maneira que cando os visitantes cheguen, teñan inmediata información dunha estimulante e atractiva oferta turística, algo que por desgraza non acontece actualmente, pois cando chegan os atopamos perdidos, deambulando sen rumbo definido e perdendo

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “debido a falta de ideas do Sr. Negreira e o seu equipo de goberno, A Coruña é unha das cidades que máis gasta en turismo, pero que menos retorno económico acada”.

Relacionados