Contadores Gas Natural – Fenosa

 

O noso temor viña dado porque, ademais das grandilocuentes declaracións deses días, falábase tamén do despregue de redes intelixentes, cuxo primeiro paso consiste na substitución dos contadores actuais por outros intelixentes e telexestionados. Proceso que xa comezou a empresa o ano pasado substituíndo 100.000 equipos e rematará neste ano con 61.000 novos equipos. Posteriormente, até o 2018 substituirá os 1,7 millóns contadores de Galiza.

 

Isto significa que Gas Natural – Fenosa non está a facer ningún esforzo especial na nosa cidade relacionado coas redes intelixentes de distribución enerxética e a mellora dos servizos a cidadanía máis aló do que xa tiña pensado facer. Non cabe dúbida que esta actuación non supón ningún servizo engadido para a cidadanía, senón que é unha decisión empresarial para mellorar os seus beneficios a consta de despedir aos traballadores que se dedican a facer as lecturas de contadores.

 

César Santiso, indicou que “o alcalde ven de asegurar que non se está a financiar encubertamente á multinacional, rétolle a que, de xeito público, de a súa palabra de que no dito convenio non se incorpora o cambio de contadores”.

 

Pero é que ademais, semella que o que o Goberno Municipal e Gas Natural – Fenosa consideran unha contribución a mobilidade sostíbel non vai ser más que o intento de que cos fondos do Plan tamén se subvencione o fomento dos vehículos que queiman gas en lugar de gasolina. Cando a mobilidade sostíbel pasa por fomentar a utilización do transporte público colectivo e por reducir o número de vehículos que circulan polas nosas rúas con fin de reducir o consumo enerxético non en intentar potenciar o consumo de combustibles, aínda que estes leven a etiqueta de “alternativos” ou “eficientes” como pretende etiquetar Gas Natural – Fenosa ao gas e á electricidade coa que fai negocio.

 

Xa que logo, Esquerda Unida esixe ao goberno municipal que publique integramente na web do concello o acordo con Gas Natural – Fenosa, para que a cidadanía poida aclarar todas estas alarmantes incógnitas que xordén da sinatura deste convenio e o escurantismo que o rodea. 

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que o Concello está a perder a oportunidade de utilizar os fondos Smart City para potenciar un cluster tecnolóxico local que sexa que de liderar a recuperación económica da bisbarra Coruñesa. A pesares que dende a súa presentación, o Concello declarou que o concepto de Smart City permitiría desenvolver na nosa cidade un polo tecnolóxico grazas a que as empresas da bisbarra aproveitarían os avances técnicos resultantes do proxecto para aumentar a súa competitividade.

 

Dende EU-V, No entendemos o modo en que o convenio entre o Concello e a empresa Gas Natural – Fenosa vai favorecer a creación do polo tecnolóxico anunciado. Esperamos que o Goberno Municipal aclare cómo o resultado deste convenio vaise concretar en patentes ou outras avantaxes tecnolóxicas para o tecido productivo local.

Relacionados