Contaminación acústica

Esquerda Unida esixe medidas ao goberno municipal para reducir o tráfico e así evitar que a contaminación acústica supere os niveis recomendados pola OMS, xa que esta é a principal causa segundo confirman os expertos. Xa que logo, semella fundamental que o PP desenvolva políticas activas de promción do transporte público colectivo, mellorando a súa calidade en base a incrementar rutas e frecuencias, así como reducindo o seu prezo para que poida ser utilizado de maneira universal pola veciñanza. Neste sentido EU propón a tarifa única progresiva que consiste que no primeiro traxecto os usuarios paguen o prezo billete e en cada un dos seguintes traxectos durante o día soamente pagarán un 10% do primeiro pago para fomentar a flexibilidade no uso do transporte público.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes cree que o aumento dun carril en alfonso Molina debe aproveitarse para construír un aparcadoiro disuasorio gratuíto á altura do ofimático conectado con buses lanzadeira para reducir a entrada de vehículos na cidade. Así evitaríanse a entrada na nosa cidade de miles de vehículos o que desconxestionaría o tráfico en toda a cidade. Por un lado os promotores non poden nin queren construír vivendas no Ofimáitco porque saben que non terán saída, polo outro Fomento e AUDASA asinan un convenio para incrementar un carril na entrada da Coruña, agora xa temos todas as condicións favorables para apostar polo aparcadoiro disuasorio, polo que o concello debe mover ficha e apostar decididamente pola mobilidade sostible e o transporte público colectivo.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “se non melloramos e abaratamos o transporte público e reducimos a entrada de vehículos na cidade, non so teremos contaminación acustica, senón tamén medio ambiental, asemade de ser mais dependentes do petróleo, precisamente agora que sabemos da certeza do cénit do petróleo e a consecuente crise enerxética.

Relacionados