Contaminación ambiental

Esquerda Unida alerta de que o valor medio anual de emisións de partículas contaminantes supera nun 25% o limite normativo. Así, durante o ano 2012 superouse o valor medio anual permitido de emisións en 7 microgramos por m3, así as emisións de partículas contaminantes pola actividade do porto da Coruña durante o ano 2012 foi de 27 microgramos por m3 cando o límite fixado polo Real Decreto 2002 que regula estas emisións sitúase en 20 microgramos por m3.

EU denuncia de novo o aumento dos niveis de contaminación ambiental no barrio dos Castros polas descargas de carbón, cuarzo, coque e graneis alimentarios no porto da Coruña, sen ir máis lonxe o pasado 9 de setembro do 2013, os datos do medidor da Autoridade Portuaria dos niveis de contaminación por partículas PM10 triplicaron o límite establecido, chegando a 147 uh/m3, cando o límite está fixado en 50 ug/m3.

Diante desta situación, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes insta ao goberno local a que desenvolva as accións necesarias para que a autoridade portuaria reduza os niveis de contaminación ambiental. Consideramos un despropósito e unha imprudencia que a Autoridade Portuaria, ante estes datos claros e concisos, asegure que non hai risco para a saúde humana. A mesma imprudencia que está a cometer o Concello, o cal esquece de xeito reiterado que á cidadanía hai que protexela e máis cando falamos da súa saúde; o dereito á saúde debe estar por riba de calquera interese económico.

O voceiro de EU-V, César Santiso, diante do incremento exponencial nos últimos años de emisións de partículas contaminantes preguntamos ao goberno municipal que está a facer ao respecto. No 2012 superouse o límite diario legal en 21 ocasións mentres que os anos anteriores superouse 16 e 9 veces, o que amosa un preocupante incremento que pon en risco a saúde dos coruñeses e coruñesas. Xa que logo presentamos a seguinte pregunta de resposta escrita:

1.- Que tipo de control está a facer o Concello sobre esta situación que pervive despois de 8 anos de denuncia? Se é que existen medidas preventivas, fai algo para cerciorarse de que son efectivamente desenvolvidas?

2.- ¿É consciente o concello das repercusións que estas partículas en suspensión provocan na saúde cidadá?

Relacionados