Esquerda Unida reitera a súa esixencia para que os poderes públicos inicien de urxencia a limpeza da ría do Burgo, algo no que coinciden os propios membros da comisión que consideran urxente a retirada dos lodos. Así pois, precisase dun dragado urxente e inmediato da ría do Burgo, unha acción que merece unha resposta dilixente e colaboradora da administración pública competente, o goberno central e o galego. Basta xa de mentiras e de deixacións.
Os propios membros da comisión danos a razón cando poñen en dúbida a colaboración das administracións e o interese por solventar esta situación e afirmar que as petiecións á Comisión estaban plenamente xustificadas.
Urxe por tanto unha fonda rectificación da política da Xunta de xeito que sexa unha prioridade o cumprimento da lei que prescribe o saneamento das rías, o saneamento da ría do Burgo. Chegou o momento de artellar unha solución real e deixar as mentiras e as opinións interesadas, como as do director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, negando a situación de degradación case absoluta da ría e negando a veracidade das fotografías.
Nestes sentido, a covoceira de AGE no parlamento de Galicia, Yolanda Díaz, desenvolve unha iniciativa sobre a ría do Burgo a instancias do grupo municipal de Esquerda unida – Os Verdes na Coruña consistente en preguntar oralmente tanto na comisión como no Pleno do Parlamento galego Si “Vai a Xunta de Galicia a proceder a dragar de maneira urxente a ría do Burgo?
EU chama a atención unha vez máis sobre os riscos para a saúde pública derivados da situación da ría do Burgo: a saúde pública, o medio ambiente, a calidade de vida da poboación residente na contorna e a calidade da auga, que sofre pola contaminación que emana dos lodos, son motivos abondo para forzar a reacción inmediata da Xunta e xa que logo proceder ao dragado urxente da ría do Burgo.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indico que “debería caerlles a cara de vegoña aos gobernantes de pp e psoe, culpables da inacción coa ría do Burgo, a que europa denomina de inmundicia. Levámos anos denunciando a situación na que se atopa a nosa ría, mentres que PP e PSOE dende os distintos gobernos, tanto na Xunta e no Estado, miraban cara outro lado”.