Contas distorsionadas

Esquerda Unida afirma que en lugar de 8 millóns de superávit as contas amosan un déficit de 668.000 €, como así aparece recollido no informe de estabilidade presupoostaria emitido pola intervención municipal, informe que tamén fai notar que o aforro neto do concello diminuíu de 16,83 a 4,28 millóns de euros durante o exercicio 2012.

Aínda que para o grupo municipal Esquerda Unida – Os Verdes a liquidación do 2012 amosa a xestión chapuceira dun goberno municipal incompetente, non presentamos reclamacións porque o documento reflicte a realidade contable municipal, porque nada temos que criticar do traballo técnico contable dos empregados públicos do concello. Outra cousa ben distinta é a nosa valoración política dos datos, que consideramos claramente decepcionante con baixos niveis de execución, incremento do déficit, unha recadación paupérrima. Pero o peor de todo é que o investimento do Concello non estivo ao servizo da veciñanza, senón das grandes empresas, nin tampouco serviu para resolver os problemas prioritarios da cidadanía como a xeración de emprego ou como incentivar a reactivación económica local.

Por outra banda queda claro que o concello espreme aos cidadáns mentres transixe coas grandes empresas. Esta afirmación basease en exemplos como que se estimaba unha recadación de 2 millóns de euros en multas se acadaron case os 5 millóns e medio mentres que so se recadara un 17,54% das infraccións urbanísticas ou un 42% do presupostado en licencias de apertura.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso o goberno municipal está a distorsionar deliberadamente as contas para confundir á cidadanía e transmitir a falsa ilusión de que son bos xestores”. Semella que están a esquecer que os axustes técnicos das contas están por algo e serven para ofrecer a información real, ao mesmo tempo recorda que un goberno municipal responsable debería ofrecer aos coruñeses e coruñesas o resultado final e non escondelo no medio dos papeis.

Relacionados