A executiva nacional de EU considera que as medidas anunciadas respecto a contención do gasto sanitario constitúen un ataque sen precedentes contra as familias traballadoras e contra as persoas que sofren máis a crise. Todo esto para premiar aos mais ricos da sociedade. A parte da inxustiza e a regresión social que van a supoñer, para a Esquerda Unida ditas medidas anunciadas poden supoñer unha violación dos dereitos fundamentais recollidos na nosa Constitución.
Semella indignante que a ministra de sanidade acuse a cidadanía de malgasto para esconder o afán recadatorio da medida tomada polo goberno do PP ao ditado dos mercados. Logo de dicir que se ían a aforrar 7300 millóns de euros eliminando os abusos da sanidade “pondrán en valor o medicamento”, agora se lle fai pagar máis á cidadanía na prestación farmacéutica necesaria para a recuperación ou conservación da súa saúde.
Esquerda Unida denuncia o recorte das pensións que va a aplicar o Goberno central, un ataque que aínda que se produce contra toda a sociedade, afecta especialmente aos pensionistas aos que o goberno do PP lles subiu as pensións por debaixo do IPC e aumentoulles as retencións. Hai que lembrar que Galicia é unha das comunidades autónomas coas pensións mais baixas. Así pois a devandita medida é unha baixada encuberta de aproximadamente un 1% das pensións en Galicia, no que se castiga máis a aqueles que teñan un estado de saúde peor.
Unha vez máis, e en aplicación das políticas neoliberais, da que o seu máximo expoñente está na reforma da constitución aprobada polo PSOE e o PP o pasado ano, atacase á maioría da sociedade, en vez de adoptar medidas de racionalización do gasto farmacéutico.
Esquerda Unida – Os Verdes propón unha limitación sobre os gastos dedicados polas industrias farmacéuticas para influír nos médicos na prescrición dos medicamentos, así como control dos beneficios da distribución de medicamentos. Estas medidas poderían supoñer un aforro no gasto sanitario de un 30% do gasto farmacéutico. Hai que lembrar as industrias farmacéuticas son as causantes do malgasto sanitario, por non ter adecuados os envases á duración estimada dos tratamentos e favorecer o seu consumo indiscriminado.
Esquerda Unida teme que este sexa o comezo das medidas encamiñadas a cobrar polo dereito a sanidade, que periodicamente lanzan como globos sonda tanto os responsables do PP no estado español como en Galicia. Neste sentido queremos lembrar as reflexións de Feijoo sobre a necesidade de cobrar ás persoas que sexan ingresadas nos hospitais.