Contra a corrupción

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2013.- Para Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a corrupción é un fenómeno con causas estruturais. E, por iso, son precisas medidas estruturais para combatela. Que os órganos xudiciais radicados en Galicia estean dotados dos medios materiais e do persoal necesario é un dos primeiros requirimentos. “Facémonos eco dunha demanda xeralizada dos xuíces decanos”, explica a viceportavoz de AGE, Yolanda Díaz, “que queren medios abondo para investigar todos os asuntos relacionados coa corrupción e cos delitos económicos”. Entre elas, hai unha esixencia chave: contar con funcionarios, policías e peritos especializados.

O grupo parlamentario de AGE presenta, a través de Díaz, unha proposición non de lei para esixir á Xunta que achegue máis medios aos órganos xudiciais. Porque, así o expón a argumentación da proposta, “a corrupción supón o maior ataque á democracia, e deslexitima o quefacer público democrático diante da cidadanía”.

 

Relacionados