Contra a fraude fiscal

Dende a executiva nacional de Esquerda Unida cremos que é indispensable coñecer a realidade das nosas arcas públicas e a situación en que se atopan as concesións do servizos públicos externalizados. No caso de que se verifiquen incumprimentos e vulneración do interese xeral, recuperaremos a xestión pública directa.

Neste sentido, a coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, pide ás forzas da esquerda e do cambio “traballar xuntas pola erradicación das prácticas de fraude fiscal que se dan nos nosos concellos, recuperando a xestión do público para a xente de ben”.

A facenda municipal dos concellos foi comprometida por unha dobre política dos xestores do neoliberalismo: por unha banda, liberando as rendas altas e aos multipropietarios de tributar conforme á súa elevada capacidade económica, e pola outra, pola imposición dunha fiscalidade indirecta.

Os concellos en que estea presente Esquerda Unida recuperán o concepto de progresividade, equidade, suficiencia e xustiza fiscal, por exemplo, a través da implantación de figuras fiscais progresivas como o gravame da riqueza que reside nos bens inmobles, principalmente nos propietarios de pisos baleiros.

Relacionados