Contra a incineradora no Irixo

 

A asistencia dos veciños foi importante: as cifras oficiais falan de 2.500 persoas, pero camiñando xuntos parecíamos moitos máis.

 

É curioso comprobar como nos “medios de comunicación” locais destacan a participación dos representantes do PSOE e BNG que non fai moito quixeron impoñer un vertedoiro de enormes dimensións na Comarca do Ribeiro. Afortunadamente, a asistencia destes políticos quedou eclipsada pola presenza dos propios veciños afectados e por outras asociacións, organizacións ecoloxistas e grupos ben informados e solidarios do Carballiño, do Deza ou do Ribeiro.

 

Moitas das consignas expresadas polos manifestantes de O Irixo xa foron empregadas en protestas anteriores nas que Esquerda Unida ten participado. As reivindicacións e os argumentos vanse enriquecendo con cada mobilización. Non  deixaremos de insistir na importancia de acabar co sistema de incineración de residuos en calquera lugar onde se propoña. Grazas á información da que dispón calquera persoa interesada, e dos movementos cidadáns que se organizan fronte a este tipo de instalacións, cada vez será máis difícil para os poderes públicos impoñer estas “industrias” coa desculpa dos postos de traballo.

Relacionados