Contra a LGTBIfobia

Basta xa de persoas que sinalan e culpan a outras por vivir unha sexualidade diferente. O acoso escolar LGTBIfóbico, o mantemento da patoloxización da transexualidade a través da disforia de xénero, os constantes ataques LGTBIfóbicos de institucións retrógradas como a Igrexa católica, ou as trabas postas na adopción de nenos e nenas por parellas do mesmo sexo, son só algúns exemplos de a LGTBIfobia existente e, por tanto, do longo camiño que nos queda por percorrer.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presentará unha moción no seguinte pleno para, co gaio do día internacional contra a LGTBfobia, avanzar na loita pola erradicación de toda discriminación por orientación sexual, identidade de xénero e diversidade familiar, aplicando todas as medidas previstas na lexislación vixente no ámbito familiar, escolar, laboral, social e político. Asemade de colaborar coas distintas instancias gobernamentais e estatais en competencia de igualdade, co obxectivo de alcanzar a plena igualdade real e efectiva das persoas LGTB.

Esquerda Unida insta ao goberno a que reforce a loita contra o VIHS/SIDA e garante a viabilidade económica e presupostaria do Plan Nacional sobre SIDA, así como a inclusión do proceso integral de atención a persoas transexuais no catálogo de prestacións xerais da Seguridade Social.

EU solicita neste 17 de maio, día de loita contra a discriminación por motivos de orientación sexual e identidade de xénero, que o Goberno abandone a súa política inxusta e antisocial de recortes e axustes, que ten especiais  con especiais consecuencias para o colectivo LGTBI.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que ”o goberno municipal debe colaborar coas diferentes asociacións LGTBI co fin de abordar a necesaria educación e sensibilización social” para o recoñecemento da igualdade social e real e o respecto aos dereitos de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais. Porque discriminación exercida contra este colectivo é violencia e como tal debe ser denunciada e condenada enerxicamente tanto pola sociedade, coma polos propios poderes públicos.

Relacionados