Contra a LGTBIfobia

Este 17 de maio non será menos, pois presenciamos e sufrimos en carne propia as consecuencias de toda unha oleada neoliberal de recortes en dereitos e liberdades que nos afecta especialmente. No entanto, temos o poder para subvertir toda unha avalancha liberal-conservadora que pretende, xa non só devolvernos ao armario, senón que comeza a cuestionar a nosa existencia.

Baixo a escusa dunha crise que só ten efectos negativos sobre as capas populares, os poderes económicos da Unión Europea (UE) ditaminaron determinados axustes que se traducen nun empeoramento das nosas condicións de vida. Á vez, a Igrexa Católica e os grupos fundamentalistas alíanse coas élites económicas e políticas para suspender a democracia e frear calquera avance en dereitos e liberdades que dignifique as nosas vidas, corpos e sexualidades. Este escenario demostra a incompatibilidade das nosas loitas cos privilexios dos “de arriba”, cos poderes económicos e autoritarios.
Unha vez máis, asistimos á urxencia de forzas de extrema dereita por toda a UE á calor, por suposto, da revolución neoliberal conservadora que sostén o marco comunitario europeo e que pretendemos transformar. Sobre as persoas inmigrantes, as mulleres e sobre nós, as transmaribibollo, recae un intento de definirnos en tanto de chivos expiatorios que deben asumir todos os males sociais mentres os poderosos vanse de “rositas”, aqueles que xogan co futuro de todas nós. Hipócritamente, enarbolan estes discursos apelando á “patria”, á “democracia” ou ao “benestar”, máxime cando estas palabras ou eslóganes carecen de sentido real se no seu contido se atopa a nosa exclusión. Noutras palabras: sen os nosos dereitos e liberdades non hai democracia posíbel.
Como resposta, seguimos sen calarnos e sen declararmonos vencidas. De feito, cada vez máis podemos celebrar que as cuestións relativas á despatoloxización da transexualidade están no centro dos asuntos políticos e institucionais, o que vén sendo todo un trunfo das persoas trans. Doutra banda, as rúas seguen repletas de mulleres feministas que se negan a ser tuteladas e expropiadas do seu dereito a decidir sobre o seu propio corpo, demandas que son completamente apoiadas por todo un sector LGTBI que non percibe o feminismo como unha cuestión allea na loita contra o sistema heteropatriarcal e capitalista. En ambos casos, hai unha lección vixente e non é outra que aquela que nos ensina que só a través da loita, tanto de rúa como institucional, podemos subvertir este contexto nefasto para todas nós, para “as de abaixo”, logrando todo aquilo que demandamos, todo aquilo que nos devolve a dignidade como cidadás.

Como non podería ser doutro xeito, as activistas de ALEAS-EU seguimos nas rúas e nas institucións defendendo a necesidade dunha política feminista, anticapitalista, antirracista e de liberdade sexual, o que non é outra cousa que unha política democrática real. En coherencia, aspiramos a que urnas, prazas e rúas volvan estar repletas de “plumas” e bandeiras multicolor, tanto este 17M como o 25M, como única forma posíbel de frear á dereita conservadora do Partido Popular e ao “cabalo de Troia” do PSOE, porque coas súas políticas non hai loita posíbel contra a LGTBIfobia. Só con máis democracia, maior organización e máis accións colectivas será posíbel frearlles tanto nas rúas como nas institucións.

 

Desde ALEAS-EU mostramos o noso compromiso para unha firme oposición a esta contrarrevolución neoliberal e conservadora, pois cremos que a ameaza do fascismo e da extrema dereita só pode aplacarse dende “abaixo” e pola esquerda, co poder da xente, co poder das transmaricabibollo.

Relacionados