Contra a violencia de xénero

Esquerda Unida aposta por dotar de capacidades de autoprotección ás mulleres agredidas e a potenciais vítimas de violencia de xénero, para iso é necesaria a implicación dos poderes públicos, así o Concello da Coruña como a Administración Local máis próxima á cidadanía ten enormes capacidades para desenvolver mecanismos de axuda que permitan ás mulleres incrementar as súas capacidades de defensa diante de posibles agresións.

Non cabe dúbida de que a violencia de xénero é unha lacra social de difícil solución que ten su orixe en valores herdados de sociedades baseadas en principios machistas e por tanto require de importantes accións de concienciación e reprogramación social que se teñen que manter no tempo. Máis tamén é certo que o resultado destas accións tarda moitos anos, décadas e incluso xeracións en dar os seus froitos, xa que logo, semella necesario implementar actuacións de efecto inmediato que permitan reducir o impacto e número de agresións.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes xunto coa Federación Española de Loitas Olímpicas presentan un proxecto real e pragmático para que o Concello loite eficazmente contra a violencia de xénero. Este proxecto pioneiro na Galiza pretende achegar solucións de intervención e prevención diante da violencia machista desde a óptica do deporte. O proxecto susténtase en adestradores deportivos profesionais e amateurs da Federación Española de Loitas Olímpicas (FEL) quen voluntariamente invisten o seu tempo e coñecemento de forma gratuíta no proxecto de autoprotección para vítimas da violencia de xénero, limitándose o Concello a colaborar na cesión das instalacións para poder impartir os cursos. É dicir que o Concello non ten que investir nin un so eruo, en definitiva un proxecto no que gañamos todos e non perde ningúen.

As mulleres en nivel de intervención, é dicir as vítimas denunciantes, poderán acudir a devandita formación de forma totalmente gratuíta, mentres que as mulleres en nivel de prevención pagarán unha pequena cota simbólica para sufragar os custes do servizo, que ben definirá o coordinador local do proxecto da FEL ou ben o propio Concello, segundo o nivel de renda, si decide tamén xestionar os cursos, como dende EU propondrémos ao Concelleiro de Servizos Sociais nunha xunta que solicitaremos para a próxima semana.
O proxecto está enfocado en ensinar hábitos de vida saudables, técnicas de autoprotección, protección de terceiros a cargo como nenos e maiores, uso de spray de defensa homologado, primeiros auxilios, detección de vixilancias ou escape do cativerio, Como punto diferenciador, o programa ensina ás mulleres a elaborar o seu propio plan de seguridade familiar, dependendo da personalidade do seu agresor, o tipo de vivenda onde reside, etc.

César Santiso, indicou que “levamos traballando dende o mes de setembro coa federación para presentar ao goberno municipal unha auténtica ferramenta na loita contra a violencia de xénero que a súa vez outorgue a necesaria autoestima que necesitan as vítimas, esperamos que o Goberno municipal teña a sensibilidade necesaria para implicarse neste novedoso proxecto é por primeira vez aplicar políticas activas contra a violencia de xénero.

O Coordinador local da FEL, Fernando Suárez, afirmou que “o fin do proxecto consiste en evitar chegar ao enfrontamento físico” e asegurou que a federación dispón de psicológos, criminalistas, expertos en primeiros auxilios e avogados para traballar conxuntamente cos servizos sociais do Concello e así poder dar un apoio total ás vítimas de violencia de xénero e desenvolver plans de seguridade personalizados segundo as características de cada persoa, a súa situación persoal e as características do agresor.

Relacionados