Contra a violencia machista

Segundo datos estatísticos do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, o ano 2013 pechouse con 52 casos de asasinato por violencia machista. A evidente lacra da violencia machista fai necesaria a loita entre todas e todos contra o vestixios patriarcais que aínda percorren actitudes e comportamentos que a diario compartimos.

A executiva nacional de Esquerda Unida manifesta a súa repulsa contra o asasinato machista de Cervo.

Esquerda Unida considera que debemos analizar de xeito estrutural por que a pesar de que a violencia de xénero, en teoría é rexeitada dende calquera ámbito político e social, e aínda así móstrase como unha lacra endémica que xunto coa desigualdade, son elementos inseparables, que recaen na práctica totalidade nas mulleres.

Esquerda Unida manifesta o seu respeto á familia e amizades das dúas mulleres asasinadas onte en Cervo e o apoio ás mobilizacións convocadas en repulsa desta violencia machista.

 

Relacionados