Contra o #CoronaVirus, dotación de máis recursos sociais e económicos e reforzar o público

O Consello de Ministros vén de aprobar unha serie de medidas para protexer á clase traballadora e tamén ás empresas do impacto que supón a pandemia do Coronavirus. O obxectivo destas medidas é que ninguna persoa quede atrás.

O prioritario nestes momentos é a protección da saúde e dotar de máis recursos as medidas  sociais e económicas para axudar ás familias e reforzar o sistema público. Entre as medidas aprobadas están:

Flexibilización da regla de gasto para que os concells poidan usar o seu superávit en partidas de atención social. Apróbanse medidas de moratoria no pago de hipotecas, e tamén no pago de suministos básicos a colectivos vulnerables. As persoas maiores, as dependentes, e as persoas sen fogar tamén serán unha prioridade no plan de choque social.

En materia de emprego en caso das persoas sufran un ERTE, terán garantidas as prestacións independentemente do que teñan cotizado previamente. O paro cobrado non restará ao acumulado na prestación por desemprego.

Tamén os e as autónomas poderán acceder a unha prestación extraordinaria por cese da actividade naquelas que tiveran que ser suspendidas ou nas que a súa facturación descenda nun 75% en relación ao semestre anterior.

Nesta situación de crise, as persoas son o primeiro sobre todo na parte de coidados, polo que todo traballador ou traballadora terá dereito a acomodar a súa xornada laboral para poder coidar a familiares, maiores, nenos e nenas.

Plan de continxencia contra a violencia de xénero co obxectivo de protexer tanto ás mulleres coma ás nenas e nenos,  polo que se poñen a disposición recursos de emerxencia mediante mensaxes de alerta por mensaxería instantánea con xeolocalización, resposta de emerxencia e acollida de vítimas esn situación de risco, incluída a resposta ás mulleres que precisan abandonar o domicilio.

Levarase a cabo a distribución dunha guía de actuación para mulleres que están sufrindo violencia ante o aillamento na situación de emerxencia polo coronavirus, así tamén se levará a cabo unha campaña de publicidade institucional de concienciación e alerta. Todo elo en coordinación coas CC.AA. Estas medidas tamén afondan no reforzamento da atención a outras violencias, específicamente as sexuais e para as vítimas de trata con fins de explotación sexual.

Relacionados