Contra os traballadores

en defensa dos dereitos das traballadoras e traballadores do concello.

Vilariño, o Voceiro do PP, decidiu non informar amparándose na seu  pobre entendemento do que é a democracia.

A denuncia polo Goberno Municipal do II Acordo Regulador das Condicións de Traballo do Persoal ao Servizo do  Concello de Ferrol  se fai a toda presa e sen a mínima información sobre as intencións do goberno do PP. Nin os representantes sindicais da plantilla nin os Grupos Municipais somos merecentes para o Goberno Municipal da debida información de cales son os motivos que fundan a denuncia do  II Acordo Regulador e das intencións que ten o PP para a súa modificación.

Javier Galán reprochoulle ao Voceiro do PP Vilariño, as malas maneiras na comisión de economía de hoxe, onde se negou a informar aos grupos políticos do alcance e intencións do Goberno Municipal.

Esquerda Unida advirte que dados os antecedentes do PP o que semella vírsenos enriba é un recorticidio en todo a regra sobre as condicións laborais das traballadoras e traballadores do concello. Non outra cousa sabe facer o PP:  recortar dereitos das traballadoras e traballadores e empeorar as condicións nas que se prestan os servizos públicos  municipais.  Nos terá enfronte.

 

Relacionados