Contratación a dedo

Esquerda Unida denuncia que para as 16 pasarelas que o concello vai a comezar a arranxar, o PP utilizou a contratación a dedo, así o goberno municipal estase a saltar a lei nun contrato por un importe preto ao medio millón de euros. A lexislación establece que so pode contratarse por procedemento negociado cando se xustifique debidamente que a licitación por procedemento aberto resulte inconveniente ou infactible, porque este procedemento supón grandes limitacións aos principios de publicidade e concorrencia, os expertos na materia recoñecen a ampla discrecionalidade que supón este método de contratación.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que os cinco meses que pasaron dende a licitación até a adxudicación demostra que o argumento da urxencia era unha coartada para contratar a empresas amigas. O contrato foi publicado no perfil do contratante o 24 de abril e a adxudicación é do 16 de setembro, así o propio goberno local desbota o argumento da urxencia na contratación, unha coartada que EU xa denunciou como falaz e insustentable o 22 de abril, logo de estudar a documentación da xunta de goberno local, pois resultaba paradigmático esa repentina urxencia para contratar, mentres tardaron preto de ano e medio en licitar a obra dende que tiveron o informe técnico co análise da situación das 16 pasarelas, como o propio goberno municipal recoñeceu na resposta a unha pregunta de EU.

A propia intervención municipal pon reparos a esta contratación e advirte que hai unha incongruencia no proceder ao declarar a urxencia na súa tramitación, sinalar un prazo de execución de catro meses pagar a conta do orzamento do 2013 204.000 € e demorar 307.00 € ao próximo exercicio, contradicindo a propia Lei de morosidade.

O PP escudase en que o procedemento foi con publicidade, máis esconde que iso non é mostra de transparencia senón que é unha obriga legal. A Lei de Contratos do Sector Público contempla este tipo de contratación para casos moi concretos, dende urbanismo apelan falazmente á urxente necesidade polo interese público xa que de demorarse as actuacións poderían incrementarse os custos. Este argumento non se sustenta, pois a Lei obriga a publicitar calquera contratación por procedemento negociado que supere os 200.000 € como é o caso, o que practicamente iguala os tempos cun procedemento aberto, asemade calquera que visite as pasarelas poderá observar que nada acontece no caso dun pequeno atraso.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que ”a vista dos feitos, o goberno municipal utilizou a tramitación urxente co único motivo de que as empresas so tivesen 5 días para formalizar as súas propostas, está claro que so quen coñece de antemán os pormenores do contrato pode facer unha oferta en condicións”.

Relacionados