Contratación a dedo

Esquerda Unida denuncia que Negreira utiliza as mesmas prácticas clientelares para contratar obras que para os seus enchufes. Asignar un contrato por procedemento negociado é un recurso excepcional que o goberno municipal converte en práctica habitual, da mesma forma que cubrir determinados postos sen convocatoria pública debe ser unha cuestión transitoria, pero o goberno do PP converteu ambas cousas na norma do seu mandato. Con estas prácticas o bipartidismo monárquico contamina a administración e consegue encher as institucións con persoal e empresas amigas que deben o seu éxito a un político ou partido.

A propia lexislación establece que con carácter ordinario debe utilizarse a contratación por procedemento aberto, isto é así porque o procedemento negociado supón grandes limitacións aos principios de publicidade e concorrencia, polo que só está xustificado cando a licitación aberta resulte inconveniente ou infactible.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a contratación a dedo non é mais eficaz senón mais corrupta, o procedemento aberto pódese resolver en dous meses pero o goberno apela á urxencia para facer negociados que tardan de cinco a oito meses”. A política de contratación a dedo do alcalde supón tirar os cartos e abrir a porta á corrupción, porque invalidado o argumento da urxencia só queda outorgar contratos aos amigos como razón para acudir ao contrato negociado. Consideramos que a utilización masiva da contratación a dedo é unha perversión da función pública e só renunciando a esta práctica se poden evitar casos como a Pokemon ou a Gürtel.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera si se extrapola á obra adxudicada a dedo o aforro medio acadado nos procedementos abertos estaríamos a falar de varios millóns de euros perdidos polo abuso de Negreira. na contratación discrecional. As diferenzas entre licitación e adxudicación nas cinco obras adxudicadas por procedemento aberto acadaron unha rebaixa de preto do 30% o pasado ano, sen embargo a práctica reiterada do dedazo impide este aforro ao concello.

P { margin-bottom: 0.21cm; direction: ltr; color: rgb(0, 0, 0); widows: 2; orphans: 2; }P.western { font-family: “Times New Roman”,serif; font-size: 12pt; }P.cjk { font-family: “Times New Roman”,serif; font-size: 12pt; }P.ctl { font-family: “Times New Roman”,serif; font-size: 12pt; }A:link { color: rgb(0, 0, 255); }

Só dúas das dez obras adxudicadas polo Concello da Coruña na primeira metade do ano foron tramitadas por concurso aberto. Dende EU, levamos tempo denunciando o arbitrario sistema de contratación empregado polo goberno municipal, un sistema opaco e pouco ético que curiosamente criticaba cando estaba na oposición.

Relacionados