Contratación a dedo de ACS

 

Esquerda Unida denuncia que o goberno municipal contrata a dedo a ACS, empresa pertencente á suposta trama de financiamento ilegal do PP galego. Segundo a declaración do extesoureiro do PP, Luis Bárcenas, efectuada o do 15 de xullo diante do xuíz Ruz, o PP a través do seu entonces xerente, Bárcenas, ocultou supostamente no 2006 como anónimos unha serie de donativos efectuados por tres das principais construtoras españolas entre as que se atopaba ACS, que pola súa natureza de contratistas coa administración tiñan prohibido achegar cartos ás formacións políticas. Barcenas entregou ao xuíz nove carpetas, na de cor amarelo aparecía un manuscrito do propio extesoureiro que baixo o epígrafe “Galicia” aparecían as seguintes anotacións: “ACS: se comprom. a 1 M€, ha dado 30.000 €”, na seguinte liña aparecía a seguinte antoación “Las empresas siguen ayudando”.

Estas anotacións, coinciden coa presunta contabilidade do PP galego, un documento supostamente entregado pola xerencia do PP galego a xerencia de Madrid cos ingresos do 2006 onde aparece a anotación ACS 60.100 € e presenta un desfase contable de preto de 1,7 millóns de euros en relación co balanzo oficial, precisamente o relativo a doazóns irregulares

O grupo municipal de EU-V afirma que o goberno local adxudicou por procedemento negociado e cun prezo desorbitado a redacción do proxecto e execución da obra para a modernización da fonte ornamental de Catro Camiños a Imesapi empresa pertencente ao grupo ACS de Florentino Pérez. O goberno municipal sigue adxudicando por este proceso pouco ético e arbitrario a empresas amigas, A propia lexislación establece a excepcionalidade do procedemento negociado porque supón grandes limitacións aos principios de publicidade e concorrencia polo que so está xustificado cando a licitación resulte inconveniente ou infactible, situación que soamente se da en contadas ocasións. Aquí temos un claro exemplo pois Imesapi foi a única empresa que se presentou a un concurso cuxa licitación inicial foi de máis de 185.000 €. Unha cantidade desorbitada que supón, para unha simple modernización, case o mesmo prezo do que custou a nova construción en 1963 da emblemática fonte de catro camiños que sería de 209.000 € no caso de aplicar o correspondente IPC. Algo que non é de estrañar pois semella moi complicado poder presentarse a un concurso que esixe a redacción dun proxecto e a proposta de execución de obra en tan so 10 días, senón se recibe a información de antemán.

O goberno local utiliza a rapidez na contratación do proceso negociado como argumento para utilizar esta práctica tan pouco ética, un argumento que non se sostén debido a que a obra licitouse o 30 de abril pero non se adxudicou até o 28 de agosto tal e como aparece no perfil do contratante, é dicir o proceso durou catro meses. Cando diversos estudos de universidades demostran que a medio de duración dunha contratación por procedemento negociado non debe superar os tres meses si se actúa con dilixencia. É dicir que o goberno municipal tardou un mes máis en contratar por procedemento negociado que si o fixese por procedemento aberto como estipula a Lei de Contratación do Sector Público.

A oferta da empresa foi próxima aos 150.000 €, o que amosa a sobreprezo licitado, mais en todo caso unha mera actualización interna da obra supón o 70% do que custou facela nova.

En todo caso EU considera que as actuacións sobre actuacións emblemáticas, como a fonte de Catro Camiños que ven de cumprir medio século, deberían realizarse mediante concurso de ideas para o deseño entre os técnicos e profesionais coruñeses e o posterior desenvolvemento das obras a través dun obradoiro de emprego municipal. Con este tipo de actuacións o Concello promovería a reactivación económica local e fomentaría a daría unha oportunidade as persoas coruñesas desempregadas. Neste sentido cabe recordar que a Fonte foi unha idea do profesor do centro de Someso, Emilio González  e executada por coruñeses o deseño correou a cargo da arquitecta coruñesa Milagros Rey (primeira arquitecta coruñesa, terceira galega e autora da Torre Efisa), a talla foi a cargo de canteiros locais e a instalación a cargo de alumnos do propio centro de FP.

O voceiro de EU-V, César Santiso, afirma que: “permisividade con Albada diante da descarada estafa social, dedazo coa fonte de Catro Camiños, Florentino Pérez e Negreira semellan tan amigos que seguro que o alcalde regalaríalle a copa cando o depor gañou o centenariazo”

César Santiso salientou que “resulta indignante que o goberno municipal encargue a obra da fonte de Catro Camiños, símbolo do deportivismo, a unha empresa do presidente do Real Madrid”.

Relacionados