Contratación festa taurina 2005

Esquerda Unida considera un escándalo a irregularidade cometida polo PSOE na contratación da feira taurina no 2005. A sentenza expresa con claridade que a mesa de contratación vulnerou os principios fundamentais da Lei de Contratos do Sector Público e o fixo con alevosía pois adxudicou a favor da empresa inversiones Chicó apesares de que esta carecía da solvencia requirida no prego de condicións do contrato onde obrigaba a ter organizado touradas en prazas de segunda categoría nos últimos tres anos. O PSOE adxudicou a dita empresa apesares que non cumpría ese requisito, ao tempo que utilizaba o mesmo argumento para excluír a outras dúas empresas.

No vindeiro pleno o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes esixirá ao goberno local que depure responsabilidades e que persiga legalmente aos autores desta falcatruada que custa 145.000 € á veciñanza na procura de recuperar os cartos que agora ten que afrontar o Concello. Os coruñeses e coruñesas estamos fartos de ter que afrontar unha indemnización tras outra mentres os culpables destas desfeitas saian de “rositas”. Unha situación que se debe á errática e irregular política do PSOE coruñés, tanto en contratacións como en urbanismo, as dúas puntas de lanza da corrupción nas institucións.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “poderíamos ter erradicada a exclsuisión social cos cartos perdidos nas sentenzas condenatorias que obrigan ao Concello a pagar indemnizacións debido ás irregulares actuacións do PSOE cando estaba no goberno local”, porque seguiran caendo sentenzas en contra do concello podendo superar os 50 millóns tan so no caso Someso, cantidade que supón unha quinta parte do orzamento municipal e que podería terse dedicado a promover e fortalecer os servizos sociais, o que permitiría crear e manter unha rede de comedores sociais nos barrios coruñeses, así como un albergue municipal e un Centro de Inclusión Social.

 

Relacionados