Contratación nos Centros Cívicos

Para ESQUERDA UNIDA este acordo obrigaria “de facto” a subrogación dos traballadores e traballadoras dos CENTROS CÍVICOS e invalida as bases do concurso dos mesmos que omite este feito.

Esquerda Unida lamenta que o concello se apunte á REFORMA LABORAL dando entrada ás empresas de traballo temporal (ETT) e empresas de servizos á xestión dos servizos públicos municipais.

Rubén Pérez, coordenador local de ESQUERDA UNIDA en Vigo e Julio Fernández, responsable de política municipal, trasladaron aos traballadores e traballadoras dos centros cívicos o texto para que sexa incluido na demanda laboral contra o concello. Igualmente lamentaron a actitude “sectaria” do concello que pretende sustituir plantillas nos centros cívicos por intereses que para Esquerda Unida rozan o denunciable penalmente.

ESQUERDA UNIDA indica que o acordo plenario do ano 96 na súa primeira cláusula establece a obrigatoriedade de incluir a subrogación de plantillas no caso da chegada dunha nova concesionaria a realizar un mesmo servizo, que neste caso ofrécese de forma directa.

 

O coordenador local de EU, Rubén Pérez, lamenta que o alcalde de Vigo e o seu goberno se apunte á reforma laboral do PP dando entrada ás ETT´s algo que o propio PSOE ten denunciado reiteradamente na FEMP ante a xeneralización deste tipo de usos antes non permitidos pola lexislación no sector público.

Relacionados