Contrato espurio

Esquerda Unida considera que o goberno municipal contrata servizos que debe realizar con medios propios do concello. A necesidade pública non está xustificada xa que o propio marco regulador da materia sobre certificacións de eficiencia enerxética RD 235/2013 de 5 de abril recomenda, dada a dificultade económica que sofren as administracións, que para os seus edificios emita as certificación cos seus propios medios. O manifesta na Disposición Adicional primeira do RD sinalado, insistindo na Disposición Adicional cuarta ampliando a relación do persoal capacitado.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia o malgasto de 1.609.300 € para a contración da inspección, intervención e dirección de adaptacións de edificios municipais, un servizo que so responde ao interese do goberno de negreira de agasallar ao sector privado, xa que logo presentará unha solicitude urxente a través dos seus servizos xurídicos en demanda da paralización do proceso de contratación do Exp. AS-9/2013 impedindo a súa adxudicación e demandando responsabilidades porque a contrata non ten xeito nin xurídico nin económico: xuridicamente colisiona coa propia normativa e economicamente é desproporcionada. Tenta de introducir empresas privadas en traballos para conseguir obxectos e resultados que xa se teñen: planos no Catastro e valoracións dos edificios nos programas periódicos de Seguridade e Hixiene no Traballo.

Este expediente responde a promulgación do Real Decreto 235/2013, de 5 de abril, po lo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios. Pero o Goberno Negreira oculta outros fins ca contrata, que se poden resumir en obviar aos empregados do concello dándolle á empresa privada capacidade para dirixir o que ela mesma vai a considerar necesario facer nos edificios, incluído o mantemento dos mesmos. Após da adxudicación da contrata, terá a empresa adxudicataria capacidade para recomendar obras en centros especialmente sensibles como policiais, de ensino ou sanidade. Nas cláusulas administrativas particulares PCAP se especifica o sacrificio que suporá o contrato aparecendo cantidades para os anos 2013, 2014 e 2015 aínda que para os redactores do documento son dous anos: “Se señala como presupuesto del contrato el importe de un millón seiscientos nueve mil trescientos euros (1.609.300,00€) para un período de dos años. Correspondiendo 278.300€ al año 2013, 1.076.900€ al año 2014 y 254.100€ al año 2015”.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que ”esta é unha nova demostración de hipocrisía e falsa austereidade, o goberno local está a facer que a cidadanía pague por servizos de eficiencia enerxética que o propio marco regulador recomenda que fagan os empregados públicos.

 

Asemade César Santiso manifestou a súa preocupación pola deriva que está a tomar o Goberno Negreira e que o seu grupo non permitirá que se inicie un proceso de privatización innecesario ninguneando aos traballadores con fins escuros.

Relacionados