Contratos a dedo

Esquerda Unida denuncia un novo contrato a dedo para construír un campo de fútbol multideporte na Torre, a licitación deste contrato por obra con referencia 0-39/2012 se realiza o 24 de xaneiro por procedemento negociado, o goberno local o fai con publicidade debido que a normativa obriga a que os procedementos negociados que superen os 200.000 € se publiciten e este contrato adxudicouse o 12 de agosto por máis de medio millón de euros á empresa Obras y Pavimentos Especiales S.A.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes alerta de que o goberno local utiliza o procedemento negociado para contratar a obra apesares de non cumprir ningún suposto recollido na lei para recorrer a este sistema de contratación excepcional e tarda sete meses en adxudicar. A Lei de Contratos do Sector Público establece nos seu artigo 170 unha serie de supostos xerais para a aplicación do procedemento negociado e no 171 os supostos concretos para obras que este contrato non cumpre e, xa que logo, non é susceptible de aplicar o procedemento negociado:

Non cumpre ningún punto do artigo 170: a) cando as proposicións nun procedemento aberto sexan irregulares o inaceptables, nin o b) cando non se poda determinar previamente o prezo global, nin o c) cando tras haberse seguido un proceso aberto o restrinxido non haxa ofertas, nin o d) cando so se poida encomendarse a un empresario determinado por motivos relacionados cos dereitos de imaxe nin o e) cando exista imperiosa urxencia resultante de acontecementos imprevisibles, nin o f) cando o contrato se declare segredo o reservado, nin o g) para contratos incluídos no artigo 346 do ámbito do tratado da Unión Europea.

Nin tampouco o artigo 171 en ningún punto: a) obras con fines de investigación, b) con obras complementarias que non figuren no proxecto doutra contratada pero necesarias debido a circunstancias non previstas, c) cando sexan repetición doutras obras. Asemade a normativa establece no punto d) que en todo cas o valor da contratación terá que ser inferior ao millón de euros para poder utilizar o dito procedemento negociado.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “Negreira difámanos en ton paternalista coa intención de crear dúbida entre a veciñanza ao ser incapaz de desmentir as nosas denuncias, reto ao alcalde a que afirme publicamente que o goberno municipal non utilizou o procedemento negociado para o 93% do importe adxudicado no 2013 até outubro”. O goberno municipal pretende enganar a cidadanía intentando arguemntar que o procedemento negociado con publicidade non é un contrato a dedo, pero o certo é que non é a publicidade, senón a discrecionalidade quen marca si un contrato se outorga a dedo, neste sentido todos os expertos e a propia xurisprudencia recoñecen a arbitrariedade do proceso negociado en xeral, entre outras cousas porque establece tempos mínimos para que as empresas presenten as súas ofertas, limitando a concorrencia, por exemplo os 10 días dunha obra por procedemento negociado contra os 26 dunha obra por procedemento aberto. Mentres que no procedemento negociado so poden concorrer con garantías aquelas empresas que coñezan de antemán o proxecto, no procedemento aberto se habilita, en igualdade de oportunidades, a participación de calquera empresa.

Relacionados