Convenio Compañía de Tranvías

 

O grupo municipal de EU-V lembra que a revisión das condicións do convenio da compañía de tranvías era unha das propostas incluías no seu programa electoral e xa foi demandada en diversas ocasións ao Goberno municipal. Coa devandita revisión non se pretende reducir as subvencións municipais ao transporte público, senón amplialas e revisar a baixa as tarifas da propia compañía de tranvías co fin de incrementar notablemente o uso do autobús, paliando así, as perdas por redución do custe do billete.

 

Esquerda Unida afirma que o convenio coa compañía de tranvías debe avanzares cara a consecución do billete único progresivo. Así a súa implantación permitirá a utilización universal e masiva do transporte público e consecuentemente a redución do uso dos vehículos privados.

 

O Pago do billete único progresivo diario realizaríase no primeiro viaxe, e o resto de traxectos durante o día tería cada un custe de tan so o 10% do importe inicial.

 

César Santiso, voceiro de EU-V, “a universalización do acceso ao servizo público de transporte semella vital para resolver os problemas de tráfico da nosa cidade e axudar as familias traballadoras coruñesas neste momentos tan difíciles. O transporte colectivo é un servizo estratéxico de primeira necesidade nas sociedades modernas, polo tanto debe ser considerado como un ben social e non como unha oportunidade de negocio. Xa que logo, demandamos un esforzo tanto ao Concello como a Compañía de Tranvías, o primeiro incrementando a liña de subvencións e a segunda reducindo o seus grandes beneficios. Se a empresa non o entende así, debemos comezar a avanzares cara a municipalización do servizo en aras do beneficio colectivo”.

Relacionados