Convenio Federación Fútbol

 

Non cabe dúbida de que o Concello debe incentivar y facilitar a práctica do deporte porque desempeña importantes funciones na sociedade en distintos ámbitos como na educación, a cultura, a saúde, no fomento da cohesión social, o desenvolvemento ou o respecto polo medio ambiente.

 

Por outra banda é positivo que o Concello colabore con outras institucións de maneira activa e sinérxica polo ben da cidadanía, mais Esquerda Unida considera que o acordo asinado coa Federación Galega de Fútbol prexudica os intereses da Coruña. O protocolo de colaboración establecese a cesión por 75 anos de dous terreos públicos do Concello en San Pedro de Visma que suman un espazo superior aos 110.000 m2, mais a dita concesión demanial gratuíta non é so para os dous campos de fútbol que está a anunciar o goberno local, senón que tamén o é para a construcción dun edificio administrativo e institucional federativo do ente privado.

 

Asemade, o protocolo de colaboración establece que o Concello da Coruña faise cargo da execución das obras de urbanización do sistema xeral e do mantemento dos campos de fútbol algo inaceptábel ao noso entender pois o Concello non so pon os terreos senón que tamén ten que mantelos, mentres a federación que tamén usará os campos de fútbol so ten que construílos. Entendemos que o mantemento debería asumilo a federación, porque o custe durante 75 anos de seguro que o custe é superior ao da súa construción.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará ao goberno municipal canto custo suporá o mantemento anual dos campos de fútbol que o Concello compartirá coa Federación Galega de Fútbol, asemade tamén preguntaremos polas condicións do dito convenio en relación a horarios e días de uso dos campos de fútbol, pois temémonos que estas condicións tampouco serán beneficiosas para a cidadanía coruñesa.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “semella que o goberno municipal non sabe ou non pode defender os intereses dos coruñeses, é doado asinar convenios mais non o é tanto negociar para que estes sexan beneficiosos para veciñanza”.

Relacionados