A citada ordenanza dí textualmente:
Art. 12
1.- Terán a consideración de animais abandonados aqueles que non teñan dono ou responsable coñecido,non se encontren censados e circulen libremente sen presencia do seu responsable nin sinais ou marcas que permitan a súa identificación
2.- Os animais que se encontren nestas circunstancias así como aqueles que os seus donos non desexen continuar posuíndoos, serán aloxados nas dependencias adecuadas que ó efecto determine a autoridade municipal e proporcionaráselles alimentación e atención e coidados veterinarios adecuados mentras permanezan nos lugares de acollida.O Concello de Mugardos poderá xestionar convenios coa Xunta de Galicia, con asociación de protección e defensa dos animais ou con outras asociación autorizadas para este fin.Os convenios terán un prazo mínimo de tres anos prorrogables.
A día de hoxe, e tras a confirmación do presidente da comisión de medio ambiente, o concello de Mugardos non ten suscrito ningún convenio a pesares do mandanto da súa propia ordenanza.
Así nos encontramos estes días con que varias persoas de Mugardos trasladaron ó concello a presencia de cans circulando libremente sen presencia do seu dono pola vía pública, obtendo como máxima resposta que o goberno municipal non pode facer nada. O cal á vista da propia ordenanza do concello é falso, xa que o concello ten a obriga de aloxalos en dependencias adecuadas suscribindo para eso un convenio.
Esta situación esta creando inseguridade nas/os veciñas/os de Mugardos que se atopan na rúa con cans circulando libremente non obtendo ningún resposta por parte do goberno municipal, máis ala de encollerse de hombros.
Dende o GM de EU-IU demandamos que con urxencia o grupo de goberno cumpra coa obriga emanada da citada ordenanza reguladora e suscriba un convenio con entidade adecuada para poder dar resposta á situación de grave inseguridade na que se atopan as/os veciñas/os de Mugardos.