Convenios do concello de Vigo

Esquerda Unida lembra que o propio Tribunal de Contas na súa moción ao congreso dos Deputados do 30 de novembro de 2010 recomenda o control público desta fórmula de colaboración entre administración públicas e denuncia que en ocasións estes convenios constituen “de facto”, subvencións públicas, outorgadas sen aterse ao disposto na Lei 38/2003 do 17 de novembro, General de Subvencións (LGS) e normativa de desenvolvemento, e, en particular, ao procedemento de concesión.

ESQUERDA UNIDA denuncia a “arbitrariedade” destes convenios con orixe orzamentaria no PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL nos capitulos 2, GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS  e CAPÍTULO 4, TRANSFERENCIAS CORRENTES e lembra que a propia lei 38/2003 e a lei galega de subvencións (9/2007) do 13 de xuño establecen que os convenios son fórmulas que CON CARÁCTER EXCEPCIONAL cando causas DEBIDAMENTE XUSTIFICADAS dificulten a fórmula de convocatoria pública. O modelo que o Concello de Vigo está levando a cabo para a concesión de convenios é a todas luces arbitrario, algo que ven sendo reiteradamente denunciado por múltiples asociacións sociais e veciñais da cidade. Dende logo existen outras fórmulas máis transparentes, democráticas e igualitarias de crear postos de traballo antes que o convenio que non garantiza a publicidade da oferta de traballo xenerada.

ESQUERDA UNIDA, que está realizando unha valoración dos ORZAMENTOS PARA O ANO 2013 ten detectado unha vontade política de continuar con esta fórmula de “reparto de diñeiro público” que considera que ten que contar con outro modelo de arbitraxe baseado no CONCURSO PÚBLICO ORDINARIO que evite certas prácticas sospeitosas e que para nada están na liña do que ten que ser a xestión pública progresista.

O coordenador local de EU, Rubén Pérez, considera lóxico o informe do interventor municipal sobre as fórmulas de outorgamento de subvencións a organizacións sindicais pero fai extensible esta situación a decenas de convenios que semanalmente aparecen asinados dende a xunta de goberno local os cales “ESQUERDA UNIDA vai auditar dende o compromiso coa trasparencia e o dereito democrático de todos os vigueses e viguesas en situación de desemprego a obtar a un emprego financiado con cartos públicos en igualdade de oportunidades e con publicidade previa”. ESQUERDA UNIDA non descarta remitir un escrito ao Tribunal de Contas esixindo a fiscalización dos convenios asinados polo Concello de Vigo.

 

Relacionados