Converxencia política

e polo tanto recoñecedora dos dereitos colectivos dos pobos e do movemento obreiro, o ecoloxismo, o feminismo como frontes de traballo esenciais para que a maioría social de Galicia, que somos os traballadoras e traballadores, non paguemos a crise capitalista e as súas medidas de recorte social e de dereitos.

Esquerda Unida de Vigo felicítase do perfíl netamente traballador dos candidatos e candidatas de ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS, exemplos de pluralidade sindical e de traballo consciente no eido da cultura, os movementos sociais e a participación social. O coordenador local, Rubén Pérez considera que “algo estaremos facendo ben cando o resto dos partidos que se repartiron a política galega verbo gratia dunha lei electoral inxusta imposta por Fraga e consagrada a rango de fe polo bipartito, adican máis tempo á falar da nosa coalición que a facer propostas concretas e decididas.

Rubén Pérez lembra que en 1936 a urxencia política ante o acoso da dereita e d fascismo obrigou a forzas de diferentes sensibilidades a aupar esforzos na concrección da FRONTE POPULAR feito que foi incapaz de repetirse coa morte de Franco ante a polarización das forzas de esquerda en “estatatistas” e “nacionalistas”. Estos vellos clichés hoxe son ridículos e oportunistas porque o acoso aos galegos ven derivado esencialmente da contradición entre o capital e o traballo nun proceso de acumulación capitalista descoñecido dende a primeira metade do século XX, “ou non son galegos tamén os que se quedan coa plusvalía do noso traballo e explotan e condenan á miseria a centos de galegos e galegas”.

Considera perfectamente asumible para EU a aposta por esta coalición xa que a propia creación de IZQUIERDA UNIDA en 1986 respondía este chamado cando decía o propio manifesto fundacional: “La formación de esa plataforma electoral es, pues, una ineludible necesidad para recupera la esperanza que subyace en los anhelos de tantos españoles que se pronuncian por la paz y la neutralidad, el trabajo para todos, y la consagración, en definitiva somos muchos los que coincidimos en las tradiciones renovadas del movimiento obrero, los planteamientos emergentes de carácter ecologista, el progresismo económico y para la participación política, y la necesidad de rescatar lo que es una visión moderna de un socialismo democrático. Todo ello para el impulso del progreso de una sociedad compleja y diversificada, en la que se han experimentado transformaciones importantes desde el punto de vista filosófico, sociológico, tecnológico y en el modo de formación de las decisiones políticas, económicas y sociales.”

 

 

 

Relacionados