Convocatoria Social Programática

 

Cremos que a mobilización e organización de todos e todas será a resposta máis contundente á crise global pola que atravesamos, xa que logo, Esquerda Unida convoca á esquerda social coruñesa a participares na convocatoria social programática que se desenvolverá as 11:00 H. do sábado, 24 de setembro de 2011, na sede comarcal de sita na r/. Cardenal Cisneros, nº 60 baixo.

 

O formato do acto será de asemblea aberta co fin de elaborar de xeito participativo unha proposta unitaria para un programa electoral de esquerdas. Este encontro plural e aberto, non só debe activarse ás portas do 20 N, senón que debe prolongarse tras as eleccións.

Relacionados