Convocatoria social

 

O capitalismo entrou en crise. Os gobernos do chamado primeiro mundo xa non poden ocultar o seu servilismo cos grandes poderes económicos: bancos, entidades financeiras, grandes empresas e especuladores en xeral. Poñen a economía do estado ao servizo dos grandes capitais e adoptan medidas en contra das traballadoras e traballadores, contra os pobos e as nacións.

Nos últimos tempos estamos vendo máis claramente que nunca esta agresión contra os dereitos dos traballadores de parte dos gobernos ao servizo do capital: recorte salarial aos funcionarios, reforma laboral, reforma das pensións, reforma da negociación colectiva, recortes en sanidade, reforma constitucional, máis reformas laborais, recortes na educación pública… Todas elas, medidas adoptadas para garantirlle os beneficios aos que máis teñen e en prexuizo dos que vivimos do noso traballo.

Dende esta realidade, estamos certos da necesidade de enfrontar estas agresións e de concretar un Programa Social e Alternativo para os millóns de mulleres e homes que están a padecer as consecuencias. Un programa para avanzar nas conquistas sociais, para construír a democracia e para garantir o respecto ao Medio Ambiente.

 

Como parte de esta CONVOCATORIA SOCIAL PARA UNHA ALTERNATIVA PROGRAMÁTICA, celebraremos este sábado 17 de  setembro ás sete da tarde na Sala do Patio do Centro de Servizos Sociais, unha ASEMBLEA ABERTA.

 

Nesta asemblea, e soamente como orientación para ordenar o debate, tentaremos darlle resposta ás seguintes preguntas:

 

1. Cómo crear emprego?

2. Qué medidas habería que adoptar para conseguir unha democracia real?

3. Cómo resolver o déficit público?

4. Cómo actuar ante os embargos das vivendas?

5. Cómo impulsar a economía real?

6. Cómo defender o sistema público de pensións?

7. Cómo avanzar na igualdade de xénero?

8. Qué gasto social deberían ter as administracións do estado?

9. Cómo actuar ante a débeda externa privada das institucións financieiras?

10.   Cómo actuar para conseguir un cambio no actual modelo produtivo?

11.   Cómo conseguir a autonomía financieira das administracións locais?

12.   Cómo reorientar a actual política da Unión europea para conseguir a cohesión social e territorial?

13.   Cómo garantir un bó futuro para a mocidade?

14.   Qué política exterior, de cooperación e de seguridade debería ter o estado?

15.   Qué proceso deberíamos impulsar para conseguir a instauración da República como modelo de estado?

PARTICIPA E FAITE ESCOITAR.

ASEMBLEA ABERTA
SÁBADO, 17 DE SETEMBRO ÁS 19:00h
CENTRO DE SERVIZOS SOCIAIS
RÚA ORIENTE  Nº8

 

Relacionados