Esquerda unida

Cooperativismo insuficiente

O grupo municipal de Esquerda Unida considera irrelevante e froito da total insensibilidade do PP, raiana no insulto,  coa economía social e coa situación da comarca o chamado por eles “Programa de fomento do cooperativismo no medio rural “ cuxo procedemento de licitación acaba de comezar mediante procedemento negociado e sen publicidade e cun único criterio de valoración:realmente o correspondente á licitación dun curso de formación non regrada, sen máis. O orzamento tamén é ridículo se atendemos ao nome rimbombante de “fomento de cooperativismo”: 40.000€.

O Alcalde e o Presidente da Deputación deben vivir na estratosfera: cren como furibundos talibáns nas fórmulas austericidas do teocrático discurso dominante pero para cumprir co expediente en materia de emprego destinan 40.000 € a fomentar o cooperativismo no medio rural. “Será porque pretenden que os futuros cooperativistas lles vendas as leitugas e os tomates que produzan despois do curso ás grandes superficies que  eles promocionan e apoian” afirma Suso Basterrechea coordinador local de Esquerda Unida.

O grupo Municipal de Esquerda Unida considera que a realidade, esa na que debería poñer os pes e a cabeza o goberno municipal , é moi outra. Se realmente queren combater o desemprego e potenciar o cooperativismo no medio rural ,no medio urbano, no medio marino ,e en todos os medios ,deberían proceder como se de unha situación de emerxencia se tratase tal e como o voceiro Javier Galán lles recordou moitas veces: “ a situación é de emerxencia porque a comarca non soporta os níveis de desemprego”. Logo hai que comezar por derivar moitas partidas inútiles a proxectos de emprego. Rematar co malgasto e reorientar a políticas de emprego. A única saída é un plan integral de apoio ao emprego  que contemple fórmulas de formación, capacitación, reorganización de terras, financiación alternativa, apoio activo ao comercio minorista, incardenamento da actividade do mar e do campo na cidade, consolidación dos espazos comerciais tradicionais. Etc En fín: un novo goberno. Éste non da máis de si.