Tampouco pódese predicir a súa evolución e interacción con outros seres vivos unha vez liberado un organismo modificado xenéticamente ao medio ambiente.
A utilización da enxeñería xenética na agricultura non pode considerarse unha simple ferramenta de produción. O debate sobre os cultivos transxénicos vai moito máis alá da mera aplicación dunha tecnoloxía nova, e plantexa certas cuestións éticas ca sociedade non pode eludir. Ademais Tras once anos de cultivo, comprobouse que as sementes modificadas xeneticamente non reportan os beneficios prometidos pola industria biotecnolóxica.
Ao igual que no conxunto dos europeos, unha maioría da poboación oponse os alimentos transxénicos. Temos dereito a saber o que consumimos e a decidir sobre elo, así esa decisión sexa ideolóxica, política ou ética. Con todo o Estado Español cultívanse arredor de 77.000 Ha de cultivos transxénicos, sendo o líder europeo no mesmo, tamén un dos principais exportadores deles.
Esquerda Unida propón que o Pleno do Concello declare Á Coruña coma zona libre de transxénicos. A devandita declaración é un acto simbólico de rexeitamento aos transxénicos e aínda que a nosa cidade non é produtora agrícola, si que é consumidora, deste modo seguiríamos os pasos doutros municipios galegos como Santiago de Compostela, O Grove, Zas, Laxe ou Cabana de Bergantiños.
As plantas tolerantes a herbicidas e pesticidas, característica fundamental dos transxénicos, permiten aos labregos usar grandes cantidades dos mesmos, a aparición de resistencias nas “malas herbas”, obriga a incrementar o uso dos agrotóxicos, é dicir mais ganancias para as grandes multinacionais dos agrotóxicos e máis prexuízos para a saúde dos consumidores.
Por outra banda, o mercado transxénico apóiase na obtención de patentes e no cobro de dereitos sobre a utilización das sementes. Está en xogo nada menos co control da agricultura e a alimentación nunhas poucas mans. Esiximos o dereito a Soberanía Alimentaria, entendendo como tal o dereito a elixir sobre que tipo de alimentación queremos consumir, quen a vai producir, como e onde se vai cultivar e na elección das políticas agrarias que nos afectan como Pobo. A soberanía e a nosa seguridade alimentaria dependen da nosa biodiversidade e da riqueza dos nosos pobos coma consecuencia da sabedoría e os coñecementos transmitidos de xeracións en xeracións.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “os poderes públicos deben aplicar o principio de precaución para salvagardar a saúde da cidadanía, así como defender o dereito a soberanía alimentaria”.
Así César Santiso subliñou que o mantemento dunha agricultura libre de transxénicos é indispensábel perante dos moitos interrogantes en termos de rendemento, de problemas ambientais, ou de saúde, dos cultivos manipulados xeneticamente
De aí a esixencia irrenunciábel de que se aplique o principio de precaución e a Cláusula de Salvagarda. Dita clausura está prevista no articulado 23 da Directiva 2001/18/CE. Fixa que se un estado ou rexión dispón de nova información que certifica que un determinado transxénico supón riscos para a saúde humana e o medio ambiente poderá restrinxir ou prohibir provisionalmente no seu territorio o uso ou a venda do mesmo.
Non esquezamos que a declaración universal dos dereitos humanos considera a alimentación e ao benestar nutricional como un dereito fundamental das persoas.
O mundo necesita enfoques agrícolas sostíbeis, é hora de que os gobernos e os especialistas adiquen as súas enerxías e recursos a desenvolver tecnoloxías e políticas compatíbeis coa protección do medio ambiente, unha produción segura e de calidade, un reparto xusto entre tódolos seres humanos e por suposto unha clara información á cidadanía, que por outra banda endexamais demandou alimentos transxénicos, nin os demandan hoxe en día.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes coñecedor dos riscos que para a biodiversidade e para a saúde supoñen a liberación ao medio ambiente de organismos modificados xenéticamente presenta a moción trasladada pola plataforma galega antitrasnxénicos, a cal transcribimos na súa parte resolutiva:
“Primeiro.- Declarar o Concello da Coruña coma Zona Libre de Transxénicos. A devandita declaración é un acto simbólico de rexeitamento por parte de municipios, deputacións provinciais ou comunidades autónomas, ao cultivo de organismos modificados xeneticamente. As administracións, a través da “Zona Libre de Transxénicos” teñen unha ferramenta para protexer ao seu medio ambiente, a saúde dos seus cidadáns e a calidade dos seus produtos agrícolas así como a súa biodiversidade. Na Galiza temos concellos que xa amosaron a súa desconformidade con este tema, declarándose Zonas Libres de Transxénicos como son os casos de: Lalín, O Grove, Silleda, Santiago de Compostela, Irixo, Chantada, Val do Dubra, Ames, Teo, Negreira, Riotorto, Verín, Forcarei, Ribadavia, Allariz e máis recentemente Mesía, Zas, Laxe, Salceda de Caselas, Gondomar e Cabana de Bergantiños.
Segundo.- Facer pública a oposición deste Municipio ao cultivo ao aire libre comercial ou experimental de millo transxénico e doutras plantas xenéticamente modificadas e aos alimentos transxénicos.
Terceiro.- Realizar as xestións necesarias ao obxecto de garantir que nos establecementos dependentes deste Concello non se expendan ou sirvan comidas ou bebidas que conteñan entre os seus ingredientes alimentos modificados xenéticamente.
Cuarto.- Promover que os establecementos privados de venda de alimentos sitos no termo municipal non sirvan ou vendan alimentos modificados xeneticamente ou produtos derivados.
Quinto.- Ditar as disposicións necesarias ao obxecto de que as Ordenanzas municipais declaren actividades insalubres e nocivas non autorizables, conforme o planeamento urbanístico, en parte algunha do termo municipal, as probas de campo con sementes ou calquera outra liberación intencionada de organismos modificados xeneticamente con fins experimentais.
Sexto.- Declarar a sementeira de variedades comerciais de sementes modificadas xenéticamente mediante técnicas de ADN recombinante, actividade insalubre e nociva, e en consecuencia sometida ás obrigas xenéricas legalmente previstas.
Sétimo.- solicitar ao Consello do Goberno de Galiza que inicie os trámites normativos necesarios para conseguir que Galiza sexa un dos territorios da Unión Europea libre de cultivos transxénicos.
Octavo.- Trasladar as decisións tomadas ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio rural e Mariño, á Consellería de Medio Rural e de Medioambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia.
Noveno.- Tomar todas as medidas necesarias para facer respectar este acordo”