ensin.publ.jpg - 8.47 Kb

Covardía da consellaria de educación

 

 

Semella que os recortes tamén chamados polo PP e o PSOE políticas de axuste, parece que non rematarán até que se liquide o estado do benestar e as familias traballadoras perdamos todos os nosos dereitos conquistados logo de moitos anos de loita, esforzo e sufrimento.

 

A executiva nacional de Esquerda Unida critica as prácticas covardes e escurantistas da Consellería de Educación. As direccións dos centros educativos, manifestan as súas queixas, xa que con estes recortes inestables e variables, ademais de xogaren coa dignidade dos profesionais do ensino, a organización do vindeiro curso resulta imposible de facer.

 

Esquerda Unida – Os Verdes esixe o dereito a unha educación gratuíta, universal e de calidade. Garantir este dereito á educación, pasa por respetar o traballo dos profesionais do ensino. A supresión de profersorado para o vindeiro curso, é imposible de saber a día de hoxe, pero serán centos, entre xubilacións, a non convocatoria de oposicións, as baixas no profesorado inferiores a 15 días non serán cubertas.

 

A coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, afirma que “dende a consellaría de educación, estase a actuar de forma escurantista, agardando a que rematen as clases para facer os recortes de profesorado”. A situación na educación está sendo esperpéntica, os inspectores, nalgúns centros educativos anuncian por teléfono un día un recorte e ao día seguinte outro diferente. Tan sequera dígnanse a aparecer polos centros. Así, rematando o curso, aínda non sabemos o profesorado que haberá nos centros para vindeiro curso.

 

Esta imposición de recortes e axustes, nos vén a confirmar a lamentable situación na que o goberno do PP coloca a calidade do ensino público tan atacado polas políticas neoliberais, que mentres axustan e degradan o público, manteñen e incentivan os concertos co sector privado.

 

Relacionados