CPN por unha Syriza galega

Con todo, non debemos esquecer que a proposta de EU vai moito máis aló dunha mera coalición para ás elección da Xunta, trátase dun proxecto de longo percorrido na procura unha alternativa real que se defenda á cidadanía diante do poder económico, todo o contrario do que están a facer os partidos maioritarios, PP e PSOE, que actúan ao ditado dos mercados representados pola TROIKA.

Esquerda Unida convoca de urxencia ao seu máximo órgano de decisión para avanzar no proceso de converxencia coas diferentes forzas políticas da esquerda anticapitalista e o proceso electoral.

Apesares de que os prazos son curtos e que o realmente importante, non é o proceso electoral senón construír os alicerces dun novo suxeito político e social que sexa quen de exercer políticas hexemonías de esquerdas, a executiva nacional de Esquerda Unida decidiu onte por unanimidade convocar o martes un Consello Político Nacional (CPN) extraordinario, mentres que en paralelo acelerarán as xuntanzas de cara a formar a Syriza galega que en base a un mínimo común múltiplo, sexa capaz de frear as políticas neoliberais que están a levar á ruína ao país e a pobreza á cidadanía.

Á reunión da executiva, que foi ampliada aos coordinadores das distintas comarcas galegas, alongouse até altas horas da madrugada para poder avaliar en profundidade as múltiples xuntanzas mantidas nestes últimos días coas distintas forzas galegas da esquerda real. Nela constatouse a absoluta e unánime coincidencia de valorar o proceso de maneira moi positiva e na necesidade de proseguir o traballo na procura de acadar unha fronte hexemónica que rescate á cidadanía dos mercados.

A coordinadora nacional de EU e candidata a Xunta, Yolanda Díaz, afirmou que “os tempos son moi axustados mais faremos todos os esforzos ao noso alcance para acadar a unidade de acción que a cidadanía demanda”, polo que reclamou “intelixencia, forza e xenerosidade para chegar aos puntos de encontro necesarios que permitan xerar unha alternativa con todas as voces críticas da esquerda onde primen os intereses da cidadanía e non os partidistas”.

Relacionados