Creación de rutas turísticas

 

Tanto é así que os organizadores amósanse satisfeitos co número de visitantes, que non descendeu apesares da grave situación económica que estamos a vivir. 

 

A masiva participación de cruceiristas na Feira das Marabillas pon en valor a proposta de Esquerda Unida para que o Concello defina e dinamice ofertas turísticas estimulantes para os nosos visitantes. Nestes momentos de crise e recesión os poderes públicos deben poñer todas as ferramentas que teñen a súa disposición para promocionar a actividade produtiva, mais o goberno municipal está a desperdiciar a magnífica oportunidade que lle brinda o turismo de cruceiros para reactivar a economía local e xerar emprego. Non cabe dúbida que o sector está en auxe na nosa cidade, así os case 150.000 cruceiristas que visitarán a nosa cidade neste anos, constitúen unha formidábel oportunidade de negocio. Con todo, este impresionante incremento do sector en plena crise económica non está a reverter o correspondente impacto económico.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes incide na súa proposta para que a corporación coruñesa consensue un plan turístico que permita duplicar ou, incluso, triplicar o impacto económico dos cruceiristas. Así, segundo estudos existentes o impacto económico o ano pasado foi de sete millóns de euros a razón de 55 euros por pasaxeiro. Cantidade que debería duplicarse ou triplicarse si o Concello desenvolve unha correcta xestión e coordinación turística que, incluso permitiría aspirar a que o noso porto sexa punto inicial de embarque ou final de desembarque o que redundaría en que a estancia dos cruceiristas pasaría dunhas horas a máis dun día, incrementado exponencialmente o impacto económico.

 

O devandito plan debe ser participado polos distintos axentes turísticos, federacións de veciños, sindicatos e partidos políticos baixo a coordinación do consorcio de turismo para desenvolver iniciativas que permitan ao Concello habilitar ferramentas tendentes a incentivar o consumo dos cruceiristas na nosa cidade, de tal maneira que cando os turistas cheguen teñan inmediata información dunha estimulante e atractiva oferta turística na nosa cidade, non como sucede agora que os turistas cando chegan a nosa cidade atopasen perdidos e deambulan dun lado sen rumbo definido perdendo así o pouco e valioso tempo que pasan na nosa cidade.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “apostamos porque o Concello defina ofertas turísticas que estimulen o consumo dos que visitan a nosa cidade incrementando o impacto económico, a través do deseño de rutas que, centradas nos atractivos puntos culturais da nosa cidade, permitan aglutinar en torno a elas unha importante oferta hostaleira e comercial a través de itinerarios configurados para fomentar o consumo dos turistas, reactivando así un sector en declive como o pequeno comercio, alicerce da nosa economía local. Algo diametralmente oposto á situación actual onde a oferta turística é escasa, inconexa, pouco definida e ineficiente.

Relacionados