Os continuos bombardeos sobre a poboación civil palestina que se producen nestes días cheiran a exercicio electoralista dos grandes partidos israelíes que tentan gañar votos matando civís palestinos. Agresións militares que se volcán sobre a cidadanía palestina cuxas armas son a razón e a resistencia a unha ocupación militar que se remonta alomenos a 1967, coa guerra de agresión chamada dos Seis Días.
Esquerda Unida chama a nosa cidadanía a se movilizar na protesta convocada por diversas entidades sociais da cidade para este luns,19 de novembro, ás 20:30 horas, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia, na praza Amadfa García. Suman xa somentes nestes días 20 mortos palestinos, entre eles varios nenos, as accións terroristas do Estado de Israel, que Esquerda Unida está a denunciar en todos os foros europeos, incluído o Parlamento de Estrasburgo.
Willy Meyer vén de reclamar que se suspenda o acordo de asociación preferencial coa UE que ten Israel no entanto non cesen estas criminais violacións dos dereitos humanos.