Crítica adianto pago IBI

Por exemplo no tocante ao pago do IBI o Partido Popular acaba de deixar claro a súa faciana demagóxica e a total falta de transparencia que ven demostrando na súa nefasta xestión.

Que voluntariamente as veciñas e veciños que así o desexaron fraccionaran o pago do IBI, en tres recibos un no mes de maio, outro en agosto e o último en novembro, parécenos unha boa iniciativa.

O que consideramos inadmisible e que na campaña de mercadotecnia levada a cabo polo PP para dar a coñecer esta medida non se informou debidamente dos outros trocos que se ían acometer no pago do IBI para a cidadanía de Santiago.

Tralas numerosas queixas recibidas, comprobamos que as persoas que non decidiron acollerse ao pago fraccionado do IBI, están a recibir nestes días un recibo no que se lles indican que o prazo para pagar este imposto remata a principios do mes de xuño, o que supón o adianto dun pago que ata o de agora se realizaba nos meses de setembro, outubro e novembro.

Pero non so a falta de información, se non ocultación, deste adianto no pago dun imposto, que para moitas veciñas e veciños supón un gran esforzo económico, é criticable, tamén denunciamos que moita da xente que se puxo en contacto con nós indicou que a recepción do recibo deste imposto está chegando estes días, cando o prazo para pagalo comezou xa a principios do mes pasado, é dicir, de facto non hai dous meses para cumprir coa obriga do pago senón so un.

Outra senrazón desta actuación do equipo de Currás, que prexudica gravemente á veciñanza de Santiago, é que ao pago do IBI hai que sumarlle o do imposto de circulación que tivo que realizarse recentemente, polo que o Partido Popular está a obrigar as traballadoras e traballadores a un considerable desembolso económico que aplicando o que ata o de agora era a costume tributaria da cidade non tiña que producirse.

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida esixe ao PP que, mantendo o pago fraccionado do IBI, rectifique o adianto do pago deste imposto levado a cabo este ano

Relacionados