Crítica aos orzamentos do Estado

 

O proxecto merece un cero na avaliación de urxencia que fai o noso Grupo Municipal,  porque non satisface ningunha das necesidades e expectativas que a nosa cidadanía ten como obxectivos inaprazables  no eido do saneamento, ferrocárril, conexións co porto exterior ou investimentos produtivos para o sector naval público.

 

Apenas se consignan un millós de euros para enfrontar os proxectos do saneamento, do ferrocarril e da conexión co porto exterior, asemade de confirmarse que o naval público non contará co investimento do dique flotante. “Rajoy se esquece de Ferrol, ou o que é o mesmo, a cidadanía teremos que acadar nas rúas o que uns burócratas obedientes ao capital e os seus capataces de Bruxelas nos están a negar”, sinala Javier Galán.

 

Os recortes que se practican no orzamento, algo máis de 27 mil millóns de euros contribúen a afogar a nosa cidade e comarca, en canto non hai investimentos dignos de mención nos temas clave de futuro para Ferrolterra e se desbota como prioridade a creación de emprego. Se perdoan impostos aos defraudores coa amnistía fiscal e se garante o pagamento dunha débeda producida polas aventuras da banca e dos especuladores, que suporá pagar nesta anualidade 28.800 millóns de euros, máis que o total do xigantesco recorte que se formula.

As cifras avergoñan pola súa condición minúscula e tramposa: para atender a achegar o eixo atlántico ferroviario a Ferrol se dotan 160 mil euros para estudos, namentras que a conexión co porto exterior – pendente aínda da resposta as alegacións presentadas por unha treintena de entidades políticas, sociais e culturais da cidade – se anotan 300 mil euros. Cómpre lembrar que falamos na versión máis agresiva medio ambientalmente e barata dunha obra que excederá o centenar de millóns, o que da pé a pensar que apenas é unha trampa para gañar tempo e rematar co noso futuro ( por exemplo en 2015, a partida prevista suma un millón e medio de euros, evidencia da nada que se agocha tras este proxecto de orzamentos en materia de infraestruturas ferroviarias ).

 

Do dique naval, EU lembra que o proxecto da razón da denuncia practicada por nós cando o ministerio confirmou que non se contemplaban novas instalacións produtivas en Navantia Ferrol. Nen dique nen sexta fragata nen farrapos de gaita.

O saneamento vai a paso de tartaruga ou non vai: para o colector xeral non se contempla un can nesta anualidade, deixando para 2013 e 2014 investimentos por importe duns 25 millóns de euros. Namentras a situación de degradación da ría é sangrante e compromete a produción extractiva e o emprego asociado a esta,

 Nen para achegar un primeiro esforzo rehabilitador en Recimil, nen para a nova estación de ferrocarril e o retranqueo desta ( anótase no papel unha primeira partida para estudar o servizo de cercanías na provincia ), nen para as demandas centrais da nosa cidade o Ministerio apunta nada sólido e achega recursos económicos. Cero.

 

 As preocupacións faladas  destes meses previos se converten en abertas e flagrantes mentiras do PP: Rajoy esquece Ferrol e, xa que logo, a cidadanía da cidade e comarca terá que responder nas rúas a provocación que supoñen estes orzamentos.

 

EU vai estudar polo miúdo o documento con vistas á presentación dunha emenda á totalidade no trámite parlamentar e unha ulterior batería de emendas concretas partida por partida. Mais chamamos á cidadanía traballadora e o sindicalismo de clase e axentes sociais a enfrontar na mobilización un proxecto de orzamento que nos condea o paro e á devastación social na nosa cidade.

 

Revelador do descoñecemento da cidade e a propia terminoloxía empregada no documento que por exemplo refire “El Ferrol”  cando fala do investimento para o castelo de San Felipe. Ignorancia sobre a nosa toponimia  que descobre o  palmario  fío azul mahón que vencella a sectores do PP coa vella ditadura franquista.

Relacionados