Crónica da Convocatoria Social

EU Ourense, vén de celebrar unha asemblea aberta, para tratar de elaborar, de xeito democrático e participativo, unha alternativa programática de esquerdas de cara ás vindeiras eleccións do 20 N.

 

Na presentación da convocatoria o coordinador de EU Ourense José M. González, lembrou o proceso de Refundación no que está inmerso Esquerda Unida, sendo este un acto máis que pretende a involucración e participación da cidadanía nun proxecto que  permita loitar contra o avance das políticas neoliberais que están a acabar cos nosos dereitos.

 

Numerosos asistentes, afiliados, simpatizantes, colectivos sociais e persoas a título individual, conformaron o debate que se prolongou durante case dúas horas e no que xurdiron numerosas propostas que completan as 20 plantexadas como base pola organización.

 

Algunhas das propostas xurdidas foron:

-Recuperación do Imposto de Patrimonio

-Desaparición das SICAV

-Incompatibilidade de cargos públicos

-Limitar os ingresos dos cargos públicos (ninguén cobrará máis que o presidente do goberno)

-Desmilitarización progresiva do estado e consecuente reconversión da industria armamentística.

-Responsabilidades penais para o mal uso dos cartos públicos.

-Tasa Tobin

-Creación dunha Banca Pública

-Establecer os dereitos de eutanasia e de aborto como pactos de estado

-Reforma do sistema xudicial

-Bolsas de alugueiro, sometidas as pertinentes inspeccións e controis para establecer un precio de aluguer xusto

-Desaparición das deputacións

 

Ó remate da asemblea, entre os asistentes levouse a cabo a elección das catro persoas que Esquerda Unida presentará ó Congreso dos Deputados.

Relacionados